From Wikipedia, the free encyclopedia
James Maury "Jim" Henson, nado o 24 de setembro de 1936, e finado o 16 de maio de 1990, foi un artista, creador de monicreques, debuxante, guionista e director estadounidense que acadou a fama internacional por ser o creador de the Muppets. Naceu en Greenville, Mississippi e criouse en Leland, Mississippi e Hyattsville, Maryland.[1]
Henson comezou a desenvolver monicreques mentres ía ó instituto. Creou Sam and Friends mentres era estudante de primeiro ano na Universidade de Maryland, un espectáculo cómico de cinco minutos que apareceu na televisión. Graduouse na Universidade de Maryland en economía, despois do cal produciu anuncios de café e desenvolveu algúns filmes experimentais. Fundou Muppets, Inc. en 1958, que se converteu en the Jim Henson Company.
Henson fíxose famoso na década de 1960 cando se uniu ó programa educativo infantil Sesame Street para desenvolver personaxes para a serie. Apareceu no programa de comedia Saturday Night Live. Produciu The Muppet Show en 1976, despois de rexeitar plans para un espectáculo de Broadway. Acadou fama polas súas creacións, especialmente Kermit the Frog, Rowlf the Dog e Epi e Blas, coas cales traballou en Sesame Street durante 20 anos. Durante os derradeiros anos da súa vida, tamén fundou Jim Henson Foundation e Jim Henson's Creature Shop. Gañou dúas veces un Emmy, polo seu traballo en The Storyteller e The Jim Henson Hour.
Henson morreu por síndrome do choque tóxico o 16 de maio de 1990 con 53 anos, 20 horas despois de experimentar unha emerxencia médica.[2][3] Foi incluído postumamente no Paseo da Fama de Hollywood en 1991, e foi escollido como unha das Disney Legends en 2011.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.