mestre e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Jesús Tallón Maceira, nado en Vedra cara a 1950, é un mestre e político galego do PSdeG-PSOE.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1950 (73/74 anos) Vedra, España |
Alcalde da Estrada | |
1991 – xuño de 1992 (moción de censura) ← Elvira Fernández Díaz – Ramón Campos Durán → | |
Actividade | |
Ocupación | político, mestre |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de |
Mestre, tras exercer en varias localidades en 1984 instalouse na Estrada[1]. Nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía da Estrada e foi elixido concelleiro. Nas eleccións municipais de 1991 volveu encabeza-la candidatura do PSdeG-PSOE e foi elixido alcalde grazas a un pacto coa Agrupación Independiente de A Estrada de Ramón Campos Durán e o BNG. Este tripartito durou menos dun ano, debido a que existiron negociacións entre o PP e a formación de Ramón Campos, que deron como resultado que Ramón Campos acadou a alcaldía co apoio do PPdeG en xuño de 1992 mediante unha moción de censura e se integrou na formación conservadora. Volveu encabeza-la candidatura socialista nas municipais de 1995, e se ben mellorou os seus resultados, non conseguiu recupera-la alcaldía logo de que o PPdeG lograse a maioría absoluta, polo que continuou como portavoz municipal e concelleiro ata 1999. Foi Secretario de Organización do PSdeG baixo o mandato de Paco Vázquez entre 1994 e 1998.
Tras un tempo apartado da primeira liña política, en outubro de 2006 volveu como Secretario Xeral do PSdeG na Estrada, paralelamente coa designación do seu anterior número 2 no concello José Antonio Dono como candidato á alcaldía para as municipais de 2007[2]. Dono lograría a alcaldía en 2007. Permaneceu como Secretario Xeral ata 2012.
Predecesor: Elvira Fernández |
Alcalde da Estrada 1991 - 1992 |
Sucesor: Ramón Campos Durán |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.