política galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Elvira Fernández Díaz, nada en Becerreá o 22 de decembro de 1939, é unha política galega do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de decembro de 1939 (84 anos) Becerreá, España |
Deputada de España | |
21 de xuño de 1993 – 9 de xaneiro de 1996 Lexislatura: V lexislatura de España Circunscrición electoral: Pontevedra Electa en: Eleccións Xerais 1993 en España | |
Alcaldesa da Estrada | |
1987 – 1991 ← Manuel Reimóndez Portela – Jesús Tallón Maceira → | |
Actividade | |
Ocupación | política |
Mestra. Foi funcionaria da Xunta de Galicia como axente de Extensión Agraria na Estrada dende 1968. Foi elixida concelleira da Estrada pola UCD nas eleccións municipais de 1979 e nas municipais de 1983 como independente, sempre baixo o liderado de Jesús Durán Martínez, alcalde de 1979 a 1983. Tralo falecemento de Durán en setembro de 1984 pasou a ocupar seu escano na Deputación de Pontevedra e o liderado do grupo político no concello. Posteriormente integrouse en Coalición Galega, e trala escisión do sector afín a Pablo González Mariñas pasou a formar parte do Partido Nacionalista Galego (PNG). Nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura do PNG á alcaldía da Estrada e foi elixida alcaldesa ó ser a forza máis votada, volvendo ser deputada provincial. Posteriormente ingresou no PPdeG polo cal foi elixida senadora en 1989. Nas municipais de 1991 encabezou a candidatura do PPdeG na Estrada e, pese a ser a forza máis votada, perdeu a alcaldía tras un pacto entre o PSdeG, os independentes de Ramón Campos Durán (escisión do PP) e o BNG. Ó ano seguinte abandonou a política municipal para facilitar o regreso de Durán á disciplina popular, o cal pasaría a ocupar a alcaldía mediante unha moción de censura tralo seu reingreso no partido. Continuou como senadora en Madrid e en 1993 foi elixida deputada no Congreso dos Deputados, onde se mantivo ata 1996. Despois foi xefa do Servizo de Publicacións e Estatística de Agricultura.
Fernández Díaz está viúva e ten dous fillos.
Predecesor: Manuel Reimóndez Portela |
Alcaldesa da Estrada 1987 - 1991 |
Sucesor: Jesús Tallón Maceira |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.