From Wikipedia, the free encyclopedia
Jerónimo Saavedra Acevedo, nado nas Palmas de Gran Canaria o 3 de xullo de 1936 e finado na mesma cidade o 21 de novembro de 2023, foi un político socialista canario. Foi presidente do goberno das Canarias de 1983 a 1987 e de 1991 a 1993, así como ministro de Administracións Públicas (1993-1995) e ministro de Educación e Ciencia (1995-1996) de España. Entre 2007 e 2011, coa vitoria nos comicios municipais por maioría absoluta, foi alcalde de Las Palmas de Gran Canaria.
Saavedra era doutor en Dereito e diplomado en Administración de Empresas pola Escola de Organización Industrial.
En 1972 comezou a militar no Partido Socialista Obrero Español (PSOE) e na Unión Xeral de Traballadores (UGT). Foi elixido en 1977 Secretario Xeral do Partido Socialista Canario (PSC-PSOE) e entre 1976 e 1983 membro do Comité Executivo da UGT. Foi deputado polo PSOE pola provincia das Palmas nas primeiras Cortes Constituíntes (1977), e volveu ser elixido deputado nas eleccións xerais de 1979, 1982 e 1989.
Foi Presidente do Goberno das Canarias de 1983 a 1987 e de 1991 a 1993.
Ministro de Administracións públicas (1993-1995) e Ministro de Educación e Ciencia durante a última lexislatura de Felipe González Márquez como presidente do goberno (1995-1996).
Senador en 1996 e de 1999 a 2003.
No ano 2000 revelou que era homosexual no prólogo do libro "Outing en España".
Presentouse á alcaldía de Las Palmas de Gran Canaria nas eleccións municipais do 27 de maio de 2007 polo Partido Socialista Canario (PSC-PSOE), nas que obtivo maioría absoluta.[1] Foi investido alcalde o 16 de xuño de 2007.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.