política española From Wikipedia, the free encyclopedia
Esperanza Aguirre Gil de Biedma, nada en Madrid o 3 de xaneiro de 1952, é unha política española. Foi a presidenta da Comunidade de Madrid dende o 21 de novembro de 2003 ata o 26 de setembro de 2012.
Sobriña de Jaime Gil de Biedma, estudou no Instituto Británico de Madrid, e licenciouse en Dereito na Universidade Complutense en 1974. En 1976 accedeu como funcionaria ó Corpo de Técnicos de Información e Turismo.
Durante a transición ocupou cargos por designación directa por parte do goberno de UCD. Militou na Unión Liberal de Pedro Schwartz, formación coaligada con Alianza Popular, sendo elixida concelleira en Madrid en 1983 pola coalición destas formacións. En 1984 a súa formación fusionouse co Partido Liberal. Tras abandonar os liberais a coalición con AP, Aguirre pasou a formar parte desta última formación, pola cal foi elixida novamente concelleira en 1987. Asumiu a concellería de Medio Ambiente en xuño de 1989 trala moción de censura de CDS e PP contra os socialistas. En 1991 volveu a ser elixida concelleira e, tras lograr o PP maioría absoluta, foi nomeada terceira tenente de alcalde e novamente responsable da área de Medio Ambiente. En 1993 pasou a facerse cargo das áreas de Educación e Cultura. En 1995 foi novamente elixida e pasou a sela primeira tenente de alcalde. Nese mesmo ano moi nomeada conselleira de Caja Madrid.
Foi elixida senadora nas Eleccións Xerais de 1996. Trala vitoria do PP en ditos comicios foi nomeada Ministra de Educación e Cultura no novo goberno de José María Aznar. En xaneiro de 1999 abandonou o goberno para asumir en febreiro a presidencia do Senado, sendo a primeira muller en ocupalo cargo.
En xullo de 2002 anunciouse a súa candidatura á Presidencia da Comunidade de Madrid para 2003 en substitución do entón presidente Alberto Ruiz-Gallardón, tras ser designado este como candidato á alcaldía da capital. En outubro de 2002 abandonou a presidencia do Senado para centrarse na súa candidatura.
En maio de 2003 tiveron lugar os comicios e logrou a vitoria, se ben perdeu a maioría absoluta da que gozaba o PP ata entón. Desta forma, abriuse a posibilidade dun novo goberno de esquerdas entre PSOE e IU. Porén, a actuación de dous tránsfugas socialistas frustrou dito goberno, polo cal se tiveron que repetilas eleccións no mes de outubro. Nesta nova convocatoria si logrou a maioría absoluta e foi elixida presidenta, a primeira desta comunidade e a segunda que o lograba en España. En novembro de 2004 asumiu a presidencia autonómica do PP de Madrid.
Foi reelixida presidenta da Comunidade de Madrid tralas eleccións de 2007 e 2011 por maioría absoluta.
En setembro de 2012 anunciou a súa dimisión como presidenta e deputada autonómica, se ben seguiu como presidenta do PP madrileño. Aguirre sinalou que había diversas razóns familiares e doutro tipo para a renuncia, e tamén que entre as razóns se atopaba o feito de estarse a recuperar dun cancro[1].
Durante a súa presidencia mantivo un forte enfrontamento interno co seu antecesor e entón alcalde de madrileño Alberto Ruiz-Gallardón.
A comezos de 2015 volveu á primeira liña política ao ser designada como candiata do PP á alcaldía de Madrid nas eleccións de maio. En dita convocatoria o PP sufriu un forte retroceso, pasando de 31 a 21 concelleiros, perdendo a maioría absoluta e quedando tan só un concelleiro por riba da candidatura cidadá progresista Ahora Madrid, encabezada pola ex-xuíza Manuela Carmena. Esta formación logrou a alcaldía co apoio do PSOE, polo que pasou á oposición.
As sucesivas detencións por corrupción de varios dos seus máis estreitos colaboradores na súa época como presidenta autonómica supuxo o seu progresivo afastamento da primeira liña política. En febreiro de 2016 dimitiu como presidenta do PP de Madrid e en abril de 2017 renunciou como concelleira e portavoz municipal.
Predecesor: Jerónimo Saavedra Acevedo (Ministro de Educación e Ciencia) Carmen Alborch Bataller (Ministra de Cultura) |
Ministra de Educación e Cultura de España 1996 - 1999 |
Sucesor: Mariano Rajoy Brey |
Predecesor: Juan Ignacio Barrero |
Presidenta do Senado de España 1999 - 2002 |
Sucesor: Juan José Lucas |
Predecesor: Alberto Ruiz-Gallardón |
Presidenta da Comunidade de Madrid 2003 - 2012 |
Sucesor: Ignacio González |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.