político español From Wikipedia, the free encyclopedia
Francisco Javier Rojo García, nado en Pamplona, Navarra o 2 de marzo de 1949, normalmente chamado Javier Rojo, é un político español, membro do PSE-EE e presidente do Senado de España entre 2004 e 2011.
Naceu o 2 de marzo de 1949 na cidade de Pamplona. Trasladouse a Vitoria cando era moi novo. Casado e con dúas fillas. En abril de 2004 é nomeado presidente do Senado. Aínda que practicamente a súa vida foi na capital vasca, sempre se considerou moi pamplonés e moi navarro.
Membro da UXT dende 1976, ó ano seguinte ingresou no Partido Socialista de Euskadi (PSE), sendo posteriormente Secretario Xeral da Agrupación Socialista de Vitoria, cidade da cal foi rexedor no seu concello entre os períodos 1983-1984 e 1991-1996. Así mesmo, foi deputado foral de Áraba nos períodos 1979-1983 e 1987-1991, e procurador das Xuntas Xerais de Álava (1983-1987 e 2003-2004). Nas eleccións xerais de 1982 foi elixido deputado no Congreso pola circunscrición de Áraba, escano que repetiría nas eleccións de 1986 e 1989. Nas eleccións xerais de 1993 foi elixido senador no Senado por Áraba, sendo reelixido nas eleccións de 1996, 2000, 2004 e 2008. Dende a vitoria do PSOE nas eleccións de 2004 ocupa o cargo de Presidente do Senado. Polo segundo mandato, foi o único candidato á presidencia e resultou elixido por maioría absoluta ao obter 134 dos 253 votos emitidos.[1] O resto foron 117 votos en branco e 2 votos a prol do político do PSOE Joan Lerma, que foron declarados nulos ó non terse presentado este á elección.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.