actriz británica From Wikipedia, the free encyclopedia
Janet McTeer, nada en Newcastle upon Tyne o 8 de maio de 1961,[1][2][3] é unha actriz inglesa, gañadora dun Globo de Ouro e dun Tony e candidata ao Óscar en dúas ocasións.
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de agosto de 1961 (63 anos) Newcastle upon Tyne, Reino Unido |
Residencia | Nova York |
Educación | Royal Academy of Dramatic Art - Actuación (–1983) Queen Anne Grammar School (en) |
Actividade | |
Ocupación | actriz de teatro, actriz de cinema, actriz |
Período de actividade | 1985 - |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Nada en Newcastle upon Tyne, McTeer asistiu á Royal Academy of Dramatic Arts e comezou a súa carreira teatral de éxito co Royal Exchange Theatre despois de graduarse.[2] O seu traballo televisivo inclúe a produción da BBC de Nigel Nicolson Portrait of a Marriage protagonizada por Vita Sackville-West e a popular serie da ITV The Governor escrita por Lynda La Plante. Debutou na gran pantalla con Half Moon Street, un filme de 1986 baseado nunha novela de Paul Theroux, e apareceu na versión cinematográfica de 1992 de Wuthering Heights, protagonizado por Juliette Binoche e Ralph Fiennes, e en Carrington (1995) xunto a Emma Thompson e Jonathan Pryce.
En 1996, McTeer foi aclamada pola súa interpretación como Nora nunha produción de Henrik Ibsen no West End, de Casa de bonecas.[2] O ano seguinte, a produción pasou por Broadway e foi galardoada cun premio Tony.[4]
Mentres facía o espectáculo, McTeer foi entrevistada por Charlie Rose no seu programa da PBS, onde foi vista polo cineasta Gavin O'Connor, que estaba a traballar nun guión sobre unha nai solteira que viaxaba polo país coa súa filla preadolescente. Encantado pola actriz, decidiu que debía protagonizar o filme e cando os posibles produtores dubidaron do seu anonimato nos Estados Unidos, produciu o filme el mesmo. Tumbleweeds foi o filme favorito no Festival de Cinema de Sundance de 1999, e a interpretación de McTeer valeulle un Globo de Ouro á Mellor Actriz de Comedia ou Musical e unha candidatura ao Oscar á mellor actriz.[5]
Entre os créditos de McTeer inclúense Songcatcher con Aidan Quinn, Waking the Dead con Billy Crudup e Jennifer Connelly, o filme dogma The King is Alive con Jennifer Jason Leigh, The Intended con Brenda Fricker e Olympia Dukakis, Tideland escrito e dirixido por Terry Gilliam e As You Like It, dirixido por Kenneth Branagh. Tamén protagonizou a dramatización de Precious Bane de Mary Webb.[6]
Apareceu tamén nas series de televisión británica The Amazing Mrs Pritchard e Five Days, e como María, raíña de Escocia en Mary Stuart no West End de Londres. Protagonizou God of Carnage no West End xunto a Tamsin Greig, Ken Stott e Ralph Fiennes no Teatro Gielgud.[7] Foi nomeada oficial da Orde do Imperio Británico (OBE) en 2008.[8]
Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1986 | Half Moon Street | Van Arkady's Secretary | |
1988 | Hawks | Hazel | |
1991 | I Dreamt I Woke Up | Mysterious Woman/Lady of Lake/Journalist | Curtametraxe |
1992 | Wuthering Heights | Ellen "Nelly" Dean | |
1995 | Carrington | Vanessa Bell | |
1996 | Saint-Ex | Genevieve de Ville-Franche | |
1998 | Velvet Goldmine | Narradora | Voz |
1998 | Populous: The Beginning | Voces adicionais | Voz |
1999 | Tumbleweeds | Mary Jo Walker | |
2000 | Waking the Dead | Caroline Pierce | |
2000 | Songcatcher | Professor Lily Penleric, PhD | |
2000 | The King Is Alive | Liz | |
2002 | The Intended | Sarah Morris | |
2005 | Tideland | Dell | |
2006 | As You Like It | Audrey | |
2011 | Cat Run | Helen Bingham | |
2011 | Island | Phyllis Lovage | |
2011 | Albert Nobbs | Hubert Page | |
2012 | The Woman in Black | Mrs Daily | |
2012 | Hannah Arendt | Mary McCarthy | |
2014 | Maleficent | Aurora vella (narradora) | |
2015 | Angelica | Anne Montague | |
2015 | The Divergent Series: Insurgent | Edith Prior | |
2015 | Fathers and Daughters | Carolyn | |
2016 | Me Before You | Camilla Traynor | |
2016 | National Theatre Live: Les Liaisons Dangereuses | Marquise de Merteuil | |
2016 | Paint It Black | Meredith | |
2016 | The Exception | Princess Hermine 'Hermo' Reuss of Greiz |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.