From Wikipedia, the free encyclopedia
Randall James Hamilton Zwinge, nado en Toronto (Canadá) o 7 de agosto de 1928 e finado en Plantation (Florida, Estados Unidos) o 20 de outubro de 2020, foi un mago, escéptico, e declarado inimigo da parapsicoloxía canadense, máis coñecido como James "O Asombroso" Randi (The Amazing Randi). James Randi adoitaba desenmascarar principalmente á xente que afirmaba ter poderes sobrenaturais de telecinesia.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Randall James Hamilton Zwinge 7 de agosto de 1928 Toronto, Canadá |
Morte | 20 de outubro de 2020 (92 anos) Plantation, Estados Unidos de América (pt) |
Causa da morte | terceira idade |
Relixión | Ateísmo |
Educación | Escola Dominical |
Actividade | |
Campo de traballo | Escapologia (pt) e Escepticismo |
Ocupación | filósofo, escritor, mago, ilusionista |
Período de actividade | 1946 - 2015 |
Membro de | |
Movemento | Ateísmo |
Familia | |
Cónxuxe | Deyvi Orangel Peña Arteaga (2013–2020) |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | James Randi, Magician Who Debunked Paranormal Claims, Dies at 92 (en) |
Páxina web | randi.org |
Acadou sona polo Desafío paranormal do millón de dólares, polo que a Fundación Educativa James Randi dará ese premio a calquera capaz de demostrar calquera tipo de poderes paranormais, sobrenaturais ou ocultos baixo condicións de proba acordadas por ámbalas dúas partes.
James Randi traballou como ilusionista profesional e escapista dende os anos cincuenta nun programa en directo para a televisión titulado Wonderama (en 1955), onde aparecía como «The Amazing Randi» (o asombroso Randi). Nos anos setenta deuse a coñecer internacionalmente cando retou publicamente ao mago israelí Uri Geller. Randi acusou a Geller de non ser máis que un charlatán que usaba trucos coñecidos entre os magos para facelos pasar como poderes paranormais, e insistiu no seu reto no libro A maxia de Uri Geller. Este respondeu a Randi con varias demandas xudiciais, e a súa rivalidade continuou durante máis de tres décadas. Randi insistiu escribindo varios libros nos que atacaba as crenzas populares no paranormal. Tamén denunciou as fraudes coas que algúns charlatáns obtiñan ganancias ilícitas. No seu Proxecto Alfa propúxose esencialmente terminar coa investigación paranormal a nivel universitario. Randi desenmascarou ao curandeiro Peter Popoff, o que levou a perda de influencia e popularidade deste. Randi foi cofundador e membro prominente do CSICOP, ata que dimitiu por mor das demandas que Uri Geller interpuxo contra el, para que a organización non se vise afectada. James Randi faleceu o 20 de outubro de 2020 aos 92 anos de idade.[1]
En febreiro de 2006 Randi foi operado e efectuóuselle un bypass nas arterias coronarias.[2] En xuño de 2009 foi diagnosticado de cancro de colon.[3] Por laparoscopia retiróuselle un tumor do tamaño dunha pelota de ping pong. Foi tratado posteriormente con quimioterapia durante varias semanas.[4]
Na entrada do seu blog do 21 de marzo de 2010 declarouse homosexual. Inspirouse na película Milk na que Sean Penn interpretaba a vida de Harvey Milk, o primeiro político homosexual declarado elixido en California.[5] O 12 de xullo de 2013 na convención The Amazing Meeting (TAM) Randi afirmou que casou 10 días iñantes na cidade de Washington co artista Deyvi Peña, que fora o seu compañeiro durante 27 anos.[6][7]
En 2012 o mago Penn Jillette, do dúo Penn e Teller, anunciou que estaba a traballar nunha biografía de James Randi.[8]
O asteroide (3163) Randi foi chamado así na súa honra.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.