cantante español From Wikipedia, the free encyclopedia
Ismael Serrano Morón, nado en Madrid o 9 de marzo de 1974, é un cantautor español da nova xeración de cantautores aparecida nos anos noventa. As súas letras son unha mestura de cancións de amor e desamor e música reivindicativa, propias da canción de autor. Non en balde, entre outras, recoñece influencias de Serrat, Aute, Joaquín Sabina ou Silvio Rodríguez, así como de poetas do talle de Luis García Montero ou Mario Benedetti.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2023.) |
(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Ismael Serrano Morón 9 de marzo de 1974 (50 anos) Madrid, España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | cantante, escritor, compositor, guitarrista, artista discográfico |
Período de actividade | 1997 - |
Xénero artístico | Música tradicional, trova (pt) e canción protesta |
Tesitura | Barítono |
Instrumento | Guitarra e voz |
Selo discográfico | PolyGram (1997–1998) Universal Music Group (1998–) |
Familia | |
Pai | Rodolfo Serrano |
Irmáns | Daniel Serrano |
Páxina web | ismaelserrano.com |
Estudou Física na Universidade Complutense de Madrid e nesta época empezou a tocar nos locais madrileños do circuíto da canción de autor, como a Libertad8 ou Galileo, dándose a coñecer até o punto de que a coexistencia entre ciencia e música fíxose incompatible e deixou sen concluír unha carreira universitaria que lle estaba comezando a desencantar. En 1997 gravou o seu primeiro álbum, Atrapados en azul, no que recuperaba a canción protesta e que inclúe a súa canción máis coñecida, "Papá cuéntame otra vez" e outros temas como "Vértigo" ou "Un muerto encierras". Co seu primeiro traballo conseguiu o disco de platino en España e deuse a coñecer en América Latina (disco de ouro na Arxentina).
Continuou a súa carreira co seu segundo disco, La memoria de los peces (1998), co mesmo éxito (que conseguiu desde un principio con singles moi vivos como "Últimamente" e "Tierna y dulce historia de amor") e volveu conseguir o disco de platino en España. Neste disco Ismael preocupábase polos problemas de América do Sur en cancións como "Vine del norte" -con relación a Chile- e "A las madres de mayo" -con relación a Arxentina-, e facía unha homenaxe á República con "Al bando vencido".
En 2000 publicou o seu terceiro traballo Los paraísos desiertos, disco co que evolucionaba musicalmente introducindo novos ritmos como o jazz. Con este álbum tamén conseguiu o disco de platino e ademais un nomeamento aos Premios Goya á Mellor Canción Orixinal por "Km. 0", canción incluída na banda sonora da película de mesmo nome, dirixida por Juan Luis Iborra e Yolanda García Serrano.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.