From Wikipedia, the free encyclopedia
Isistius é un xénero de peixes elasmobranquios da superode dos escualomorfos, orde dos escualiformes e familia dos dalatíidos.[2]
Isistius Rango fósil: Paleoceno - actualidade [1] 56 - 0 Ma | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Isistius brasiliensis | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||||
Isistius brasiliensis [2] (Quoy & Gaimard, 1824) | |||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
|
Os membros deste xénero son coñecidos polo seu comportamento e a súa dentición pouco comúns.[3]
O xénero foi descrito en 1865 polo paleontólogo estadounidense Theodore Gill,[2] no seu traballo publicado na revista Proc. Acad. nat. Sci. Philad, 1864, páx. 264.[4]
O nome científico do xénero, Isistius, está formado pola unión dos elementos do latín científico is- e -istius, o primeiro calco do elemento do grego antigo ἰσο- iso- "igual", e o segundo tirado do termo do grego antigo ἰστίoν istíon "vela de navío", que é unha referencia ás dúas aletas dorsais deste peixe, de forma e tamaño similares, un carácter que Gill utilizou para diagnosticar o xénero.[5][6][7]
Ademais de polo nome actualmente válido, que é o protónimo, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:[2][8]
Na actualidade (2020) recoñécense no xénero as seguintes dúas especies:[2][9]
Ademais, coñécense dúas especies extintas:
Durante un tempo algúns autores, consideraron a existencia dunha terceira especie, Isistius labialis Meng, Zhu & Li, 1985, e aínda hoxe, por exemplo a FishBase e a ADW admítena como especie diferente,[12][13] pero o WoRMS a identifica como Isistius brasiliensis,[2] e a EOL e o ITIS non a consideran.[14][9]
As súas dúas especies (ou tres, segundo os autores) son pequenos tiburóns caracterizados principalmente polo seu método conseguir o alimento, que consiste en cortaren anacos de carne da parte exterior de animais mariños, o que xustifica o seu nome inglés de cookiecutter sharks (tiburóns cortadores de galletas). A miúdo atacan grandes cardumes de peixes, e sábese que rodean os barcos pesqueiros para obteren a súa comida facilmente. Son particularmente coñecidos por morderen pequenos anacos dos animais que constitúen as súas presas ao pasaren canda eles. As presas grandes, como o peixe espada e os cetáceos, poden mostrar varias feridas (curadas) de tales trabadas.[15]
Por outra parte, son pouco comúns na forma na que substitúen os seus dentes: no canto de substituílos individualmente a medida en que se danan ou se perden, por exemplo, na captura de alimento, estes tiburóns cambian a dentición completa, proceso que poden repetir varias veces ao longo da súa vida.[3][16]
As presas máis débiles poden resultaren o suficientemente feridas como para debilitarse até que non poden nadar, polo que son propensos a afundir, o que permite que estes tiburóes os traguen. As especies de Isistius poden comeren a metade do seu propio peso corporal dunha vez.[3]
A súa distribución xeográfica é esporádica, encontrándose en todos os océanos do mundo, e o seu hábitat é de difícil acceso, polo que é difícil identificar as diferentes especies, o que xustifica as diferenzas sobre o número de especies entre os autores.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.