Iquitos

cidade do Perú From Wikipedia, the free encyclopedia

Iquitosmap

Iquitos (pronunciado [iˈkitos] ( ); en iquito: «Multitude separada polas aguas»),[1] San Pablo de Nuevo Napeanos na súa fundación, é unha cidade peruana capital do distrito de Iquitos e á súa vez da provincia de Maynas e do departamento de Loreto. Está considerada oficialmente polo INEI como unha metrópole rexional no Microsistema Norte do Perú.[2] É a meirande metrópole da Amazonia peruana e a novena cidade máis poboada do país, segundo estimacións do ano 2023.[2] Está estabelecida na Gran Chaira e arrodeada polos ríos Amazonas, Nanay e Itaya e o lago Moronacocha. En conxunto, constitúese como Iquitos Metropolitano, a sexta área metropolitana do Perú formada por catro distritos: Iquitos, Punchana, Belén e San Juan Bautista.[3] Iquitos é a cidade máis grande do mundo á que non se pode acceder por estrada que non está nunha illa; só é accesible por río e aire.[4]

Datos rápidos Localización, Capital de ...
Modelo:Xeografía políticaIquitos
Thumb
Thumb
Thumb

Localización
Thumb
 3°44′S 73°15′O
EstadoPerú
RexiónDepartamento de Loreto
ProvinciaMaynas Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación377.609 (2017) Editar o valor en Wikidata (311,2 hab./km²)
Xeografía
Superficie1.213,4 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porAmazonas Editar o valor en Wikidata
Altitude106 m Editar o valor en Wikidata
Creación1750 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal65 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico65 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Pechar

Historia

A zona estivo habitada durante miles de anos por pobos indíxenas. No momento do encontro europeo, os pobos napeano e iquito ocupaban a zona. Tiñan pequenos asentamentos estacionais e eran cazadores-recolectores nómades, que vivían en estreita asociación cos ríos. O nome da cidade de Iquitos deriva dun grupo de indíxenas chamados iquitos polos españois. Antes habitaran zonas ao longo dos ríos Pastaza, Arabela, Tigre, Nanay e Curaray. Finalmente, os nativos iquitos emigraron á zona arredor dos ríos Nanay, Amazonas, Itaya e o lago Moronacocha. Entre 1638 e 1769, os iquitos e outras tribos nativas víronse na obriga de establecerse en diversas misións (coñecidas como reducións) fundadas e dirixidas por misioneiros xesuítas.

Foi unha das cidades protagonistas, xunto con Manaus e Belém,[5] da Febre do Caucho (1880-1914). Este período europeizouna en diferentes niveis, no económico e social. Esta identidade perdurou na arquitectura, e no presente fomentou un crecente turismo. Converteuse nunha cidade importante de fortes raíces amazónicas cun notable centro histórico, unha gastronomía de seu e un crecente movemento cultural. En 2012, rexistrou 250 000 visitantes e recibiu máis despois de que a selva amazónica se convertese nunha das sete marabillas naturais do mundo.[6][7]

Demografía

Iquitos é a cidade máis poboada da Amazonia peruana e da rexión de Loreto, cunha poboación estimada de 465 817 habitantes en 2015. Durante o censo realizado polo Instituto Nacional de Estadística e Informática, a cidade tiña unha poboación de 479 866 habitantes.[8]

Gráfica de evolución demográfica de Iquitos entre 1808 e 2015
1903—1981;[9] 1862, 1876, 1993;[10] 2007;[8] 2012

Segundo o censo de 2007, entre o 60% e o 80% da poboación de Iquitos era indíxena ou considerábase descendente de indíxenas. É dicir, a poboación indíxena está formada por aproximadamente 220 a 300 mil habitantes, procedentes principalmente dos pobos bora, witoto, yagua, ticuna, ocaina, e especialmente cocama e kichwa. A maioría dos indíxenas que viven permanentemente na cidade non expresan publicamente a súa identidade étnica, aínda que o fan dentro das súas propias redes sociais ou entre os seus amigos.[11] A tímida autoafirmación da identidade nativa débese principalmente á discriminación étnica que se xerou cara a eles durante décadas.[11] Porén, durante as protestas e manifestacións, visten traxes tradicionais para facer valer os seus dereitos.[11]

Transporte

A cidade só ten conexión aérea e fluvial co resto do país e coa única excepción da ruta departamental LO-103 (denominada polo sur como Vía Interprovincial Iquitos—Nauta), unha longa estrada que une Iquitos con Nauta polo sur e outras vilas ao norte ata chegar a San Antonio del Estrecho.[12] Seguindo o curso do Amazonas, poden chegar buques mariños de 3 000 ou 9 000 toneladas[13] e 5,5 m de calado, procedentes do océano Atlántico, polo que se considera que é a cidade máis poboada do mundo que non ten acceso terrestre ao mar. Pola súa localización xeoestratéxica, é un importante porto interno que posibilita a conexión entre o océano Pacífico e o océano Atlántico.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.