Pobo yagua

From Wikipedia, the free encyclopedia

Pobo yagua

Os yagua son un pobo indíxena de Colombia e o Perú, cuxo número roldaba as 6 000 no ano 2000.[1] Habitan preto dos ríos Amazonas, Napo, Putumayo e Yavari e os seus afluentes. No ano 2005, algúns yagua migraron cara ao norte, cara a Colombia, preto da vila de Leticia.

Datos rápidos Poboación, Colombia ...
Pobo yagua
Thumb
Home yagua nunha demostración de zarabatana.
Poboación
Poboación total:
6 000 (2000)[1]
Rexións principais:
Colombia984 (censo de 2018) Amazonas[2]
PerúDepartamento de Loreto
Aspectos culturais
LinguaLingua yagua e castelán[1]
RelixiónRelixión tradicional e cristianismo[1]
Grupos
relacionados
Yameo
Pechar

Lingua

A lingua yagua está clasificada dentro da familia peba-yagua.[1] As únicas outras linguas relacionada que se coñecen son a lingua peba[3] e a lingua yameo,[4] ámbalas dúas extintas.

No ano 2000, arredor duns 2000 yagua do Perú eran monolingües,[1] dos cales o 75% eran mulleres e o 25% homes. A maioría do resto eran bilingües en castelán en diferentes graos.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.