As interaccións biolóxicas clasifícanse en:
- Neutralismo: a interacción entre dúas especies, onde ningunha das dúas resulta beneficiada ou prexudicada
- Mutualismo: é unha interacción biolóxica, entre individuos de diferentes especies, onde ambos se benefician e melloran a súa aptitude biolóxica.
- Simbiose: é a relación entre dúas ou máis especies, obrigatoria, nas que todos ou algúns dos simbiontes saen beneficiados.
- Protocooperación: interacción na cal dous organismos ou poboacións se benefician mutuamente, a relación non é esencial para a vida de ambos, xa que poden vivir de forma separada. Pódese dar mesmo entre organismos de diferentes reinos, como no caso de flores e polinizadores ou de certas plantas e as súas micorrizas.
- Amensalismo: interacción que é prexudicial para unha das especies e neutral para a outra.
- Comensalismo: interacción na que unha especie é beneficiada e neutral para a outra.
- Inquilinismo: interacción similar ao comensalismo na que unha especie se beneficia ao ser albergada mentres que a outra non é beneficiada nin prexudicada.
- Facilitación: interacción na que polo menos unha das especies se beneficia.
- Competencia: é unha interacción biolóxica entre seres vivos na cal a aptitude ou adecuación biolóxica dun é reducida a consecuencia da presenza do outro.
- Depredación: a interacción na que unha especie captura e se alimenta doutra. O predador normalmente é máis grande que a presa.
- Parasitismo: interacción na cal unha especie se beneficia e outra é prexudicada. O parasito normalmente é máis pequeno que o hóspede.
- Alelopatía: interacción química entre dous organismos da mesma especie ou entre organismos de especies diferentes na cal un organismo prexudica ou elimina a outro mediante a expulsión de sustancias químicas.
- Exclusión mutua: interacción na que unha especie exclúe a outra do mesmo hábitat, e viceversa. Xeralmente, a exclusión realízase por alteración do hábitat común.
Witzany, G. (2000) Life: The Communicative Structure. Norderstedt, Libri.
Elton, C.S. 1968 reprint. Animal ecology. Great Britain: William Clowes and Sons Ltd.
Bibliografía
- Snow, B.K. & Snow, D.W. (1988). Birds and berries: a study of an ecological interaction. Poyser, Londres ISBN 0-85661-049-6