From Wikipedia, the free encyclopedia
O Instituto Kavli de Nanociencia de Delft (en neerlandés: Kavli Institute of Nanoscience Delft -KIND-) é unha institución académica e científica estabelecida en 2004 en dous departamentos da Universidade de Tecnoloxía de Delft: o Departamento de Nanociencia Cuántica e o Departamento de Bionanociencia.[1]
Instituto Kavli de Nanociencia (Kavli Institute of Nanoscience) | |
---|---|
Logotipo do Instituto Kavli de Nanociencia. | |
Datos xerais | |
Localización | Delft Holanda Meridional Países Baixos |
Datos actuais | |
Reitor | Prof.dr.ir. Tim van der Hagen (TU Delft) |
Datos de contacto | |
Enderezo | Department of Quantum Nanoscience Delft University of Technology Building 22 Lorentzweg 1 2628 CJ Delft |
Páxina web | http://kavli.tudelft.nl/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
O instituto ten a súa orixe nunha doazón de fondos pola Fundación Kavli, dos Estados Unidos, e é a única entidade xurdida desa fundación fóra de territorio estadounidense. As súas investigacións céntranse en aspectos como a biofísica monomolecular ou o procesamento de información cuántica de dispositivos nanoescala.[2]
O instituto conta cun cadro de 50 profesores investigadores.[3] En 2012, catro dos dez científicos dos Países Baixos máis citados nas publicacións científicas pertencían á institución.[4]
Ademais do seu cadro investigador estable, desde 2017 existe no instituto unha liña de bolsas de investigación posdoutoral en bionanociencia .[5] Ese mesmo ano creouse tamén un programa de visitas de profesores de excelencia mediante o cal cada ano se lle ofrece a un científico de recoñecemento internacional a posibilidade de participar nas investigacións do instituto como profesor visitante; os dous primeiros foron Hagan Bayley, da Universidade de Oxford, e Amir Yacoby da Universidade Harvard.[6]
A modo de colaboración, o Instituto Kavli de Nanociencia de Delft encárgase do desenvolvemento do programa de investigación da Casimir Research School ("Escola de Investigación Casimir"), unha institución científica e académica dependente conxuntamente da Universidade de Leiden e da Universidade de tecnoloxía de Delft.[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.