corrente cultural, política e antropolóxica de estudo das culturaas indíxenas From Wikipedia, the free encyclopedia
O indixenismo é unha corrente cultural, antropolóxica concentrada no estudo e valoración das culturas indíxenas, e o cuestionamento dos mecanismos de discriminación e etnocentrismo en prexuízo dos pobos orixinarios.[1]
O indixenismo enfronta a discriminación. Pódese falar dunha historia dentro do indixenismo a partir do sermón de decembro de 1511 de Antonio de Montesinos. Dende entón o indixenismo tomou corpo co paso do tempo e é lícito falar de indixenismo dende a época da administración colonial española, con modalidades diversas, aínda que durante o século XIX nos novos estados independentes latinoamericanos a preocupación indixenista perdeu terreo.[2]
En 1940, tralo Primeiro Congreso Indixenista Interamericano, o indixenismo converteuse na política oficial dos estados de América, de maneira que o conxunto de ideas e actividades concretas que realizaron os estados latinoamericanos en relación coas poboacións indíxenas tiveron o nome xenérico de indixenismo.[3]
Tamén, por outra banda, existen correntes "anarcoindixenistas" que defenden o indixenismo fóra da política estatal, é dicir, a través do anarquismo.[4][5]
O termo gañou importancia nas últimas décadas do século XX para referirse a algunhas organizacións sociais e políticas en América Latina.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.