Impo
From Wikipedia, the free encyclopedia
O impo, salouco, saluco ou sotelo é a contracción espasmódica do diafragma que se repite varias veces por minuto. En humanos, a introdución repentina de aire nos pulmóns causa o peche da epiglote, creando o son "hip"[1]. En medicina, coñécese como movemento diafragmático síncrono ou singultus, do latín, singult, "o acto de atrapar a respiración de alguén ao saloucar"[2]. O impo é unha acción involuntaria, isto é, trátase dun acto reflexo[2].
![]() | Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Remedios
Un ataque de impo, polo xeral, resólvese só sen precisar de ningunha intervención, aínda que existen moitos remedios caseiros que teñen como obxectivo acurtar a súa duración. Malia isto, ás veces necesítase tratamento médico en casos de impo crónico.
Casos
Un home norteamericano, chamado Charles Osborne, padeceu impo durante 68 anos, desde 1922 ata 1990, e entrou no Libro Guinness dos Récords como o home co ataque de impo máis longo[3].
En 2007, unha adolescente de Florida, Estados Unidos, impou unhas 50 veces nun minuto durante máis de cinco semanas[4]. Despois de que o impo volvese, o seu neurólogo suxeriulle que podía ter a síndrome de Tourette, e que o seu impo podía ser un "tic" causado por esta síndrome[5].
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.