Illamento reprodutivo

From Wikipedia, the free encyclopedia

Illamento reprodutivo

En bioloxía, o illamento reprodutivo ou as barreiras á hibridación son o conxunto de características, comportamentos e procesos fisiolóxicos que impiden que os membros de dúas especies diferentes poidan criar ou aparellarse entre elas, producir descendencia ou que a mesma sexa viable ou fértil. Estas barreiras constitúen unha fase indispensable na formación de novas especies (especiación) xa que manteñen as características propias das mesmas a través do tempo polo feito que diminúen, ou directamente impiden, o fluxo xenético entre os individuos de diferentes especies.[2][3][4][5]

Thumb
O illamento xeográfico dos pimpíns de Darwin nas Illas Galápagos produciu unha ducia de novas especies.[1]

Propuxéronse diversas clasificacións dos mecanismos de illamento reprodutivo. O zoólogo Ernst Mayr clasificounos en dúas categorías amplas: mecanismos precopulatorios e poscopulatorios. Os primeiros actúan antes de que se produza a fecundación (é dicir, antes do coito no caso dos animais ou da polinización no cas das plantas). Estes mecanismos precopulatorios, tamén chamados «barreiras externas á hibridación», son as separacións físicas no tempo, no espazo, ambiente, nichos ecolóxicos específicos e diferenzas no comportamento que impiden o apareamento ou a polinización.[6] Os mecanismos poscopulatorios, ou «barreiras internas á hibridación», en troques, operan a través da falta de harmonía entre os sistemas fisiolóxicos, reprodutivos ou citolóxicos dos individuos pertencentes a diferentes especies.[7]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.