Illa do Corvo
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A illa do Corvo (en portugués, Ilha do Corvo) é a menor das illas do Arquipélago dos Azores, localizándose no Grupo Occidental, sobre a placa norteamericana, ao norte da Illa das Flores. Corresponde territorialmente ao municipio de Vila do Corvo, o único dos concellos da República Portuguesa que non ten freguesías, xa que, nos termos do artigo 136.º do Estatuto Político-Administrativo da Rexión Autónoma dos Azores, este nivel de división territorial non existe na illa.[1] As funcións dos órganos da freguesía son asumidos polos correspondentes órganos municipais.
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Vila do Corvo, Portugal (pt) | |||
| ||||
Bañado por | Océano Atlántico | |||
Características | ||||
Punto máis alto | Morro dos Homens (pt) (718 m ) | |||
Superficie | 17,11 km² | |||
A illa ocupa unha superficie total de 17´13 km², con 6´5 km de largo por 4 km de longo. Considérase parte da América insular, debido ao feito de situarse sobre a placa norteamericana[Cómpre referencia], co que sería un dos puntos máis aolLeste do continente americano.
Dista da illa das Flores, de Santa Cruz das Flores 21 quilómetros. Está formada por unha única montaña volcánica extinguida - o Monte Gordo, coroado cun amplo cráter chamado localmente Caldeirão, con 3´7 km de perímetro e 300 metros de profundidade e onde se atopa a Lagoa do Caldeirão. Nela pódense observar varias lagoas, turbeiras e pequenas "illotas", dúas longas e cinco redondas. O punto máis alto da illa é o Estreitinho no rebordo sur do Caldeirão, con 770 metros de altura por enriba do nivel medio do mar. Alén desta elevación destácanse aínda: o Morro dos Homes, a Lomba Redonda, a Coroa do Pico, o Morro da Fonte, o Espigãozinho e o Serrão Alto.
Todo o litoral é alto e escarpado, constituíndo o cono central do volcán, coa excepción da parte Sur, onde nunha faxa lávica estabeleceuse a Vila do Corvo, a única vila da illa. O cantil oeste case vertical ten cerca de 700 m de altura sobre o océano, é unha das maiores elevacións costeiras existentes no Atlântico.
As terras inmediatamente arredor da única vila da illa e unha pequena zona abrigada na costa leste (as Quintas e Fojo) son as únicas zonas en que é posíbel practicar a agricultura e manter algunhas árbores froiteiras. Os mellores pastos para o gando fican máis para norte, nas chamadas Terras Altas.
Na enseada sur, denominada Enseada de Nossa Senhora do Rosário, existen tres espigóns de desembarque, o Porto Novo (non usado), o Porto do Boqueirão e o Porto da Casa, o maior e o único utilizado no tráfico comercial. O Portinho da Areia, no extremo oeste da pista do aeroporto, é o único areal da illa e a súa principal zona balnearia.
O clima é húmido, con 915,7 mm de precipitación media anual, pero suave, aínda que ventoso, cunha temperatura media anual de 17,6 °C na Vila, con temperaturas medias mensuais que varían entre os 14 °C en febreiro e 20 °C en agosto. Nas zonas altas os neboeiros son case permanentes. A axitación marítima, particularmente do quadrante oeste, é moi elevada, resultando nunha elevada erosión costeira.
A humidade relativa do ar oscila entre o 74% en outubro e 85% en xuño, o mes en que os neboeiros son máis frecuentes ("neboeiros do San João").
Nos mapas xenoveses do século XIV menciónase a Insula Corvi Marini (a illa dos corvos marinhos ou corvos mariños), aínda que é pouco probable que esta designación se referise especificamente a esta illa, este nome é a orixe do nome da illa. Nun principio parece que foi unha designación para as dúas illas do Grupo Oriental do arquipélago (Flores e Corvo). Ambas as dúas foron descubertas por Diogo de Teive no regreso da súa segunda viaxe de exploración (1452), estando moi próximas. En tempos de Henrique o Navegante foi illa de Santa Iria. Tamén se coñeceu como "Illote das Flores" (Iléu das Flores) e tamén "Illa do Marco" (Ilha do Marco), porque o monte do Caldeirão servía como referencia xeográfica aos mariñeiros.
O 12 de novembro de 1548, Gonçalo de Sousa, 2º Capitán donatario das illas de Flores e de Corvo, foi autorizado para enviar á illa escravos (mulatos probablemente orixinarios da Illa de San Antonio, Cabo Verde) como agricultores e gandeiros. O poboamento inicial da illa comezou co envío dunha expedición de 30 persoas, dirixidas por Antão Vaz de Azevedo, orixinario de Illa Terceira. Cara a 1580 establecéronse na illa colonos de Flores.
En 1587, Corvo foi saqueada e as casas queimadas por corsarios ingleses que tamén atacaron Lajes das Flores. No ano 1632 a illa sufriu dúas tentativas de desembarco de piratas alxerianos pero foron rexeitados pola poboación local.
No século XIX comezou a emigración cara aos Estados Unidos e o Canadá.
Os habitantes viviron nun grande illamento durante moitos séculos, sendo a vila de Corvo o municipio máis illado de Portugal. Durante o inverno non existen conexións marítimas regulares con Flores, aínda que no verán chega a haber varias conexións ao día que tardan uns 45 minutos entre Santa Cruz das Flores e Vila de Corvo. Co inicio do tráfico aéreo o 27 de abril de 1972 os habitantes empezaron a sentirse menos illados do mundo. Na actualidade hai conexións con Santa Cruz das Flores, Horta e Lajes (Illa Terceira) tres veces por semana.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.