Illas Pitcairn
Arquipélago da Polinesia From Wikipedia, the free encyclopedia
Arquipélago da Polinesia From Wikipedia, the free encyclopedia
As Illas Pitcairn (/ˈpɪtkɛərn/;[1] [[Pitkern] ]: Pitkern Ailen), oficialmente as Illas Pitcairn, Henderson, Ducie e Oeno,[2][3][4][5] son un grupo de catro illas volcánicas no sur do océano Pacífico que forman o único Territorio Británico de Ultramar que queda no océano Pacífico. As catro illas Pitcairn, Henderson, Ducie e Oeno, están espalladas por varios centos de quilómetros de océano e teñen unha superficie terrestre combinada duns 47 km². A illa Henderson ocupa o 86% da superficie terrestre, e é a única illa habitada. As illas máis próximas ás illas Pitcairn son Mangareva (da Polinesia Francesa) ao oeste e Illa de Pascua ao leste.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2016.) |
Himno | Pitcairn Anthem – Come ye Blessed (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Reino Unido | ||||
Designación para unha entitade territorial administrativa dun país particular | territorio Británico de Ultramar | ||||
Capital | Adamstown | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 50 (2019) (1,06 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | Pitcairnés lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 47 km² | ||||
Datos históricos | |||||
Creación | 1838 | ||||
Evento clave | |||||
Organización política | |||||
• Mayor of the Pitcairn Islands (en) | Charlene Warren-Peu (pt) (2020–) | ||||
Órgano lexislativo | Island Council (en) , (Escano: 10) | ||||
Moeda | Dólar neozelandés | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .pn | ||||
Prefixo telefónico | +64 | ||||
Código de país | PN | ||||
Santuario internacional do ceo estrelado | |||||
Data | 2019 | ||||
Páxina web | government.pn |
Pitcairn é a xurisdición nacional menos poboada do mundo.[6] Os insulares de Pitcairn son un grupo étnico birracial que descende na súa maioría de nove amotinados da Bounty e un puñado de tahitianas consortes, como aínda se desprende dos apelidos de moitos dos insulares. O motín da Bounty e as súas consecuencias foron obxecto de moitos libros e películas. En xaneiro de 2020, o territorio tiña só 47 habitantes permanentes.[7] (de nove familias).
As illas Pitcairn tiveron antigamente unha poboación de orixe polinesia que se cre chegou ao arquipélago ao redor do ano 800. Estes poboadores viviron na Illa Pitcairn e na illa de Henderson, xa que o resto do arquipélago non era habitable. As illas tiñan un comercio constante entre elas e coa illa Mangareva, máis afastada, o cal daba aos habitantes dun e outro lado os recursos dos que carecían naturalmente.
Ao redor de 1500 o comercio entre as tres illas desapareceu, probablemente por un desastre ambiental en Mangareva que levaría á extinción de varias especies e a incapacidade de seguir comerciando. Isto provocou o illamento de Pitcairn e Henderson, cuxas poboacións agora carecían de recursos fundamentais para a súa supervivencia e desapareceron. Crese que as illas de Henderson, Ducie e Pitcairn foron redescubertas polo navegante portugués Pedro Fernández de Quirós o 26 de xaneiro de 1606, aínda que non existe total seguridade respecto diso. Do que si podemos estar seguros é de que Pitcairn foi redescuberta en 1767, Ducie en 1791, Henderson en 1819 e Oeno en 1824.
As illas son coñecidas debido a que os amotinados do HMAV Bounty se asentaron nesta illa, converténdose nos seus primeiros habitantes en séculos. Isto ocorreu en 1790 e os descendentes destes amotinados aínda habitan nela.
Pitcairn converteuse en colonia británica en 1838, e en 1850 a illa quedou completamente deshabitada cando a poboación se volveu demasiado grande para sosterse e se mudou á Illa Norfolk. 18 meses despois, 17 habitantes regresaron a Pitcairn para repoboala. Desde ese momento a poboación alcanzou un pico de 223, pero dado que a maioría da xente emigra a Nova Zelandia, normalmente habitan a illa uns 50 habitantes.
En 1838 as illas foron o primeiro territorio do mundo onde se aprobou o sufraxio feminino, coas mesmas características que o sufraxio masculino.
Nominalmente, o gobernador das illas Pitcairn é o Alto Comisionado británico en Nova Zelandia, actualmente Richard Fell. Debido a que o Alto Comisionado non reside na illa, a xestión diaria correspondía anteriormente ao maxistrado presidente do Concello da Illa (Island Council). Cada tres anos celebrábanse eleccións para este posto. Con todo, logo dunha reforma constitucional en 1998, estas funcións pasaron ao alcalde de Pitcairn a partir de 1999. Os outros cargos electos da illa son o Maxistrado da Illa (Island Magistrate) e o Presidente do Comité Interno (Chairman of the Internal Committee). Desde o 15 de decembro de 2004, o alcalde de Pitcairn é Jay Warren, que substituíu a Steve Christian, ao ser este condenado por violación infantil xunto con outros homes. Un terzo da poboación (de preto de 50 persoas) foi xulgada por abusos sexuais en 2004.
As illas Pitcairn constitúen unha extensión xeolóxica do arquipélago Tuamotu da Polinesia Francesa, e consisten en cinco illas: a Pitcairn (illas Pitcairn), Sandy, Oeno, Henderson e Ducie:
As illas Pitcairn son un grupo de illas cuxa área de exclusión marítima se estende por 56.000 km². Pitcairn é unha illa volcánica, Ducie e Oeno son atois de coral, a illa Sandy é só unha barra de area que forma parte do mesmo atol de Oeno, e a illa Henderson é unha illa de coral formada tras levantamentos tectónicos.
O punto máis elevado da illa é o Pawala Valley Ridge, con 347 m de altitude.
Aínda hoxe a illa está extremadamente apartada e illada. A maior relación mantena con Nova Zelandia, onde a maior parte da poboación está emigrada.
A illa Pitcairn non ten fonte de auga permanente; porén, a illa ten tres mananciais semipermanentes estacionais
Illa ou atol | Tipo | Superficie terrestre (km2) | Superficie total (km2) | Pob. 2020 | Coordenadas |
---|---|---|---|---|---|
Ducie | Atol† | 0.7 | 3.9 | 0 | 24|40|28|S|124|47|10|W|}} |
Henderson | Illa de coral levantada | 37.3 | 37.3 | 0 | 24|22|01|S|128|18|57|W|}} |
Oeno | Atol† | 0.65 | 16.65 | 0 | 23|55|40|S|130|44|30|W|}} |
Pitcairn | Illa volcánica | 4.6 | 4.6 | 50 | 25|04|00|S|130|06|00|W|}} |
Illas Pitcairn (todas as illas) | - | 43.25 | 62.45 | 50 | 23°55′40″ a 25°04′00″S, 124°47′10″ a 130°44′30″W |
† Inclúe o arrecife e a lagoa dos atois.
O chan fértil dos vales de Pitcairn produce unha gran variedade de froitas e verduras, incluíndo cítricos, cana de azucre, sandías, bananas, iñames, e feixóns. Os habitantes viven da pesca, a agricultura de subsistencia e a artesanía. O troco é moi importante na súa economía. As ganancias de diñeiro veñen principalmente da venda de selos postais para coleccionistas, o mel e a venda de artesanía para os barcos de paso, a maioría que veñen do Reino Unido a Nova Zelandia pasando a través da Canle de Panamá. O comercio está restrinxido debido á complicada xeografía da illa, que carece de portos ou aeródromo, co que todo o comercio se realiza con botes cos barcos ancorados lonxe da costa. Ás veces, algúns pasaxeiros de cruceiros de aventura desembarcan na illa se o tempo o permite.
En 1997 a illa tiña unha poboación activa de 12 homes e dun número non determinado de mulleres. É o país menos poboado do mundo (aínda que non é soberano): 46 habitantes, de 9 familias.
A maior parte da poboación descende dos amotinados do barco Bounty, como se pode deducir dos apelidos. Todos os habitantes son membros da Igrexa Adventista do Sétimo Día.
A cultura de Pitcairn, como o seu idioma, é unha mestura de influencias inglesas e tahitianas. A Igrexa Adventista, que antigamente foi moi importante na configuración dos costumes dos habitantes, perdeu relevancia, xa que actualmente só oito insulares asisten a misa regularmente. No entanto, aínda a maioría deles acode en ocasións especiais.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.