Illa Motu One
unha illa das illas Marquesas, na Polinesia Francesa From Wikipedia, the free encyclopedia
Motu One, (marquesano "illa de area"), chamada tamén en francés île de Sable, é unha illa das illas Marquesas, na Polinesia Francesa. Motu One administrativamente forma parte da comuna (municipio) de Nuku Hiva, na subdivisión administrativa das Marquesas.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Motu One.
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Illas Marquesas | |||
Localización | ||||
División administrativa | Illas de Sotavento, Francia | |||
| ||||
Bañado por | Océano Pacífico | |||
Características | ||||
Dimensións | 0,1 () × 0,3 () km | |||
Superficie | 0,03 km² | |||
Historia | ||||
Data de descuberta ou invención | 1813 | |||
Xeografía
Está situada ao norte do arquipélago, a 15 km ao nordés de Hatutu. É un pequeno banco de area sen vexetación situado no bordo occidental do arrecife de coral. A illa de feito consta de bancos de area sobre un arrecife coralino. Poderíase tratar dos restos dun atol mergullado. É o único arrecife das illas Marquesas, que se caracterizan por ser altas illas volcánicas sen arrecifes protectores. Motu One ten aproximadamente 5 km de diámetro. O illote ou illotes teñen sobre 3 hectáreas de superficie, elévanse só uns poucos metros por encima do nivel do mar e cambian regularmente debido á acción da correntes.[1]

Historia
Segundo as tradicións os marquesanos visitaban Motu One para recoller ovos, pero non hai evidencias arqueolóxicas de que estivese habitado. O primeiro explorador en visitala foi o estadounidense David Porter, en 1813, que o chamou Lincoln Island. En 1992 declarouse como reserva natural. Tartarugas mariñas e unha ampla variedade de aves aniñan na illa. Exploradores posteriores tamén a chamaron Sand Island.
Notas
Ligazóns externas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.