futbolista ruso From Wikipedia, the free encyclopedia
Igor Vladimirovich Akinfeev (en ruso: Игорь Владимирович Акинфеев), nado en Vidnoe, óblast de Moscova, Unión Soviética, o 8 de abril de 1986, é un futbolista ruso que xoga como porteiro e capitán do CSKA Moscova. Militou durante toda a súa carreira en dito club, co que disputou máis de 700 partidos oficiais, sendo o xogador con máis encontros da historia do club. Gañou seis títulos da Liga Premier rusa e seis Copas de Rusia, así como a Copa da UEFA en 2005. É tamén o futbolista con máis partidos disputados na historia da máxima categoría rusa, con 514 encontros (a 21 de maio de 2022).
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 8 de abril de 1986 (38 anos) Vidnoe, Rusia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Moscow State Academy of Physical Culture (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 186 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 82 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2003 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Rusia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Gardameta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 35 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2018 | Mundial de Fútbol Rusia 2018 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2016 | Eurocopa de Fútbol Francia 2016 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2014 | Mundial de Fútbol Brasil 2014 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2012 | Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 2008 | Eurocopa de Fútbol Austria/Suíza 2008 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2004 | Eurocopa de Fútbol Portugal 2004 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Foi 111 veces internacional absoluto coa selección rusa entre 2004 e 2018, disputando catro Eurocopas e dúas Copas do Mundo. Foi nomeado capitán de Rusia en marzo de 2017, trala retirada da selección seu predecesor, Vasili Berezutski.[1] Akinfeev lidera o Club Lev Iashin como o porteiro ruso con maior número de partidos deixando a portería a cero (341), superando en máis de 100 ao segundo clasificado, Rinat Dasaev.
Naceu o 8 de abril de 1986 na cidade de Vidnoe, no óblast de Moscova. Aos 4 anos ingresou na canteira do CSKA e ocupou a posición de porteiro dende o segundo adestramento. En 2002 gañou o campionato xuvenil de Rusia co CSKA.
Debutou co primeiro equipo do CSKA aos 16 anos, parando un penalti e mantendo a portería a cero nunha vitoria por 2-0 ante o FC Krylia Sovetov Samara.[2] Aos 17 anos era xa o porteiro titular do equipo e no 2003 gañou a súa primeira liga rusa. Na tempada 2004/05 debutou na Liga de Campións, disputando todos os partidos da primeira fase e converténdose naquel momento no segundo porteiro máis novo en xogar na máxima competición continental, superado só en precocidade por Iker Casillas. O equipo quedou eliminado e pasou á Copa da UEFA, onde se acabou proclamando campión tras derrotar na final ao Sporting CP no estadio José Alvalade.[3] A ese título sumou tamén os de liga e Copa de Rusia, logrando así un histórico triplete.
En 2006 gañou o seu terceiro título da liga rusa e unha segunda Copa de Rusia e foi galardoado co trofeo Zvezda, que premia ao mellor futbolista do ano nos países que formaban a antiga Unión Soviética.[4]
Na Liga de Campións 2006/07 mantívose 362 minutos sen encaixar un gol, ata que Ricardo Quaresma, do Porto, conseguiu batelo no quinto partido da fase de grupos.[5] En 2008 relevou a Sergei Ignashevich como capitán do club e durante os seguintes anos continuou aumentando a súa conta de títulos no fútbol ruso. Na tempada 2012/13, na que o club gañou liga e Copa, foi elixido mellor futbolista ruso do ano.
O 14 de maio de 2014 superou o histórico Lev Iashin como o porteiro co terceiro maior número de partidos coa portería a cero no fútbol ruso, e pouco despois superou tamén a Evgenii Rudakov e Rinat Dasaev, para colocarse na primeira posición do chamado Club Lev Iashin.[6] Ademais superou o seu compañeiro Sergei Ignashevich como o xogador con máis partidos na historia do CSKA e en agosto de 2021 superou os 489 partidos na liga rusa do propio Ignashevich, converténdose no futbolista con máis partidos da historia na competición.[7]
Foi 111 veces internacional coa selección rusa, coa que debutou nun partido amigable contra Noruega o 28 de abril de 2004, aos 18 anos e 20 días. Converteuse así no xogador máis novo en vestir a camisola rusa, e no terceiro tendo en conta a selección soviética, por detrás neste caso de Eduard Streltsov e Sergei Rodionov.[8] Ese mesmo ano foi incluído na convocatoria do equipo ruso para a Eurocopa de 2004, como terceiro porteiro por detrás de Sergei Ovchinnikov e Viacheslav Malafeev.
En 2005, coincidindo cunha lesión de longa duración de Malafeev, Akinfeev converteuse no porteiro titular da selección. Disputou tódolos partidos de Rusia na Eurocopa de 2008, alcanzando as semifinais. Acudiu tamén á Eurocopa de 2012, pero o seleccionador Dick Advocaat elixiu a Malafeev como primeiro gardameta, quedando Rusia eliminada na fase de grupos.
Akinfeev foi o escollido por Fabio Capello para ocupar a portería rusa no Mundial de 2014.[9] Despois dun empate e unha derrota nos dous primeiros encontros, no terceiro e decisivo partido ante Alxeria Rusia adiantouse no marcador, ata que na segunda parte Islam Slimani logrou o empate cun lanzamento de falta no que Akinfeev foi encandeado por un láser verde que dirixiron á súa cara dende a bancada. A Federación Alxeriana foi sancionada por este incidente, pero con ese resultado Rusia quedou eliminada do Mundial.[10][11]
O 27 de marzo de 2015, nun partido de clasificación para a Eurocopa ante Montenegro, Akinfeev recibiu na cabeza o impacto dunha bengala lanzada dende a bancada, 20 segundos despois do saque inicial. O partido foi suspendido durante 35 minutos mentres era atendido, e retomouse coa súa substitución por Iurii Lodygin. O partido foi suspendido definitivamente despois dunha pelexa, mentres que o porteiro era trasladado a un hospital de Podgorica cunha ferida no pescozo e queimaduras leves.[12]
En 2016 disputou a Eurocopa de Francia, o seu terceiro torneo continental, no que a selección rusa rematou no último lugar do Grupo B, con só un punto en tres partidos. En 2016 pasou a levar o brazalete de capitán e na Copa Confederacións de 2017 cumpriu o seu partido número 100 coa selección, nunha derrota por 1-0 ante Portugal.[13]
Capitaneou o combinado ruso na Copa Mundial de 2018, disputada no seu propio país.[14] Titular en tódolos encontros, Akinfeev foi fundamental para que os rusos eliminasen a España nos oitavos de final, nos que lle parou dous lanzamentos a Koke e Iago Aspas na quenda de penaltis, sendo elixido mellor xogador do partido.[15] Con todo, os rusos quedaron eliminados nos cuartos de final ante Croacia, nunha nova quenda de penaltis na que Akinfeev detivo o lanzamento de Mateo Kovačić.
O 1 de outubro de 2018 anunciou a súa retirada da selección nacional.[16]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.