Idris Elba

actor británico From Wikipedia, the free encyclopedia

Idris Elba
Remove ads

Idrissa Akuna "Idris" Elba nado en Hackney (Londres) o 6 de setembro de 1972, é un actor inglés de televisión, teatro e cinema. Comezou a súa traxectoria en Estados Unidos. O seu papel máis coñecido é o de Russell "Stringer" Bell, un traficante de drogas que aspira a se converter nun home de negocios na serie The Wire.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

Elba é tamén un DJ que traballa baixo o alcume de DJ Big Driis ou Big Driis the Londoner. Asemade, é cantante de hip hop e soul.

Remove ads

Traxectoria

Fillo dun serraleonés e unha ghanesa, Idris medrou en Hackney, ó leste de Londres. Dende moi novo comezou a facer os seus primeiros traballos como DJ formando varios grupos con algúns amigos.

Ós dezaseis anos deixou a escola e entrou na National Youth Music Theatre. Simultaneamente, e para pagar a matrícula, traballou de DJ en varios clubs nocturnos e audicionou para pequenos papeis na televisión.

En 1992 comezou a facer papeis fugaces en dramas británicos ata que decidiu mudarse a Nova York. Xa nos Estados Unidos, actuou en pequenos papeis de cinema, entre eles Buffalo Soldiers (2001) con Joaquín Phoenix e Ed Harris. Tamén participou en videoclips de Fat Joe e Angie Stone.

Despois da súa aparición en Law & Order, formou parte do elenco da serie policial The Wire que deu un pulo importante á súa carreira. Despois, conseguiu papeis secundarios en filme como 28 Weeks Later, American Gangster e RocknRolla. Tamén participou en varios episodios da serie de Steve Carrel The Office no 2009.

No 2010 participou nos filmes The Losers e Takers ademais de protagonizar a serie Luther.

Remove ads

Filmografía

Cinema

Máis información Ano, Título ...

Televisión

Máis información Ano, Título ...

Videoxogos

Máis información Ano, Título ...

Vídeos musicais

Máis información Ano, Artista ...
Remove ads

Discografía

Álbums
  • 2015: Murdah Loves John (The John Luther Character Album)
EPs
  • 2006: Big Man
  • 2009: Kings Among Kings
  • 2010: High Class Problems Vol. 1
  • 2014: Idris Elba Presents Mi Mandela
Mixtapes
  • 2011: Merry DriisMas Holiday Mixtape

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads