Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un iceberg é unha illa de xeo procedente da fragmentación de xeo polar, que sempre procede dos continentes e que é arrastrada cara a latitudes máis baixas, ás veces axudadas polas correntes mariñas frías de orixe ártica, como é o caso da Corrente do Labrador ou de Groenlandia. Dun iceberg sobresae da auga só unha oitava parte o seu volume total, polo que estas masas xélidas constitúen un perigo para a navegación marítima, xa que poden acadar dimensións enormes.
O xeo que forma os icebergs está formado por auga salgada ao contrario do que se poida pensar, xa que aínda que o sal se usa como anticonxelante, simplemente é un retardador da conxelación e fai que a auga se conxele a aproximadamente -1 °C (por iso se esparexe nas estradas). Aínda que o sal sexa un bo retardador da conxelación en terra, non serve de nada contra os -20 °C que se dan no océano Ártico e o Antártico. Os icebergs proceden dos glaciares que chegan á costa e rompen en grandes bloques que son despois arrastrados polas correntes, a miúdo ata latitudes bastante baixas. Un exemplo coñecido é o afundimento do Titanic, que se produciu ao colidir cun iceberg cando xa se atopaba preto das costas de Nova Inglaterra, debido a que a Corrente do Labrador adoita arrastralos ata as latitudes dos Bancos de Terra Nova e mesmo máis ó sur, ata o punto de encontro coa Corrente do Golfo. Se se observa nun mapa o límite sur dos xeos flotantes no Atlántico Norte, pódese comprobar que presenta unha prolongación cara ao sur paralela a América do Norte e outra cara ao norte xunto ás costas europeas. En outubro de 1999, un iceberg do tamaño de Londres desprendeuse da barreira de xeo Antártica.
Estas illas de xeo existen grazas a unha propiedade notable da auga: na súa forma sólida, ten menor densidade que en estado líquido. Se non fose este o caso, o xeo acumularíase no fondo dos océanos e non nas súas superficies.
Tamén o xeo é unha excepción no mundo dos elementos, e débese a que a molécula da auga (H2O), está polarizada electricamente (o átomo de osíxeno atrae máis aos electróns que os átomos de hidróxeno) o que impón ao xeo unha estrutura cristalina (polo xogo da atracción e da repulsión eléctrica). o que provoca que teña menos densidade que se fose un sólido amorfo.
O afundimento máis famoso debido a unha colisión cun iceberg foi a destrución do Titanic o 14 de abril de 1912.
Este termo é unha palabra de orixe xermánica composta, na que ice significa xeo (en inglés) e berg significa montaña (aínda é así en alemán, pero xa non en inglés). Un iceberg é polo tanto unha montaña de xeo. Aínda que o primeiro formante varía a súa forma escrita nas distintas linguas xermánicas (Eis en alemán, ijs en holandés ou ice en inglés), a súa pronuncia sempre é /ais/: polo tanto, a forma escrita normativa en galego procede do inglés e conserva esta pronuncia.
De cando en vez despréndense icebergs de gran superficie, notablemente da Antártida, que reciben nome particular e son obxecto de seguimento.
Desprendido da barreira Larsen C da Antártida (á beira do mar de Weddell) en xullo de 2017, cun tamaño dobre que Luxemburgo, uns 6000 km2[1] e un grosor duns 200 m, en xullo de 2020 atopábase a máis de 1000 km, preto das illas Orcadas do Sur. Tense desprendido de icebergs máis pequenos, quedando a parte principal como A-68A.[2] En novembro de 2020 atópase en rumbo de colisión con Xeorxia do Sur.[3] Nese momento, o iceberg ten un tamaño comparable á illa, podendo causar un gran dano ecolóxico, ó impedir o acceso o mar aberto de diversas especies da illa. O iceberg, de embarrancar, podería permanecer ata dez anos antes de se esvaecer. Hai o precedente do Iceberg A-38, que embarrancou fronte á illa no 2004.[3]
O 26 de novembro a ESA emitiu unha nota de prensa anunciando que o iceberg está a xirar no océano, a unha distancia de 255 km de Xeorxia do Sur, manobra propiciada polas correntes, que pode anteceder a unha desviación que evitaría o choque.[4]
O 17 de novembro, despois de tocar fondo o seu extremo norte, partiu outro pequeno anaco nesa parte, o A-68D, duns 18 km de longo e 140 km2 de superficie, pasando a non ser o maior iceberg existente no momento, ó caer por baixo de A-23A .[5]
Orixinado na beira do mar de Weddell, cuns 4000 km2 de superficie.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.