futbolista español From Wikipedia, the free encyclopedia
Iago Beceiro Pereiro, nado na Coruña o 15 de marzo de 1993, é un futbolista galego. Xoga de dianteiro e o seu club actual é o Alzira, da Segunda División RFEF.
Iago Beceiro | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Iago Beceiro Pereiro | ||
Nacemento | 15 de marzo de 1993 | ||
Lugar de nacemento | A Coruña | ||
Altura | 1,86 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Alzira | ||
Número | 9 | ||
Carreira xuvenil | |||
2009–2012 | Deportivo da Coruña | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2010–2012 | Fabril | 28 | (5) |
2013 | Karpaty Lviv | 0 | (0) |
2013 | Verín CF | 7 | (3) |
2013–2014 | Fabril | 9 | (5) |
2014 | Caudal | 7 | (0) |
2014 | Somozas | 0 | (0) |
2014–2016 | Verín CF | 54 | (27) |
2016–2019 | Ponferradina | 0 | (0) |
2016 | → Atlético Astorga | 14 | (3) |
2016 | → Navalcarnero | 10 | (0) |
2017 | → Barco | 16 | (2) |
2017–2018 | Arousa | 16 | (1) |
2018–2019 | Ourense CF | 32 | (6) |
2019–2020 | Tropezón | 21 | (8) |
2020–2021 | Formentera | 21 | (6) |
2021–2022 | Laredo | 32 | (12) |
2022– | Alzira | 9 | (1) |
Selección nacional | |||
2009 | España sub-17 | 2 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 5 de novembro de 2022. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Nado na Coruña, criouse no Temple e comezou a destacar nas categorías inferiores do Imperátor, entrando no 2003 na canteira do Deportivo da Coruña.[1] Comezou no equipo alevín, pasando logo polo cadete e o xuvenil, proclamándose con este último campión da División de Honra na tempada 2009/10.[2]
Na tempada 2009/10 xogou un encontro co Fabril na Terceira División, contra o Somozas, mentres que na seguinte campaña, xa en Segunda División B, disputou catro partidos co filial. Tras ter xogado só 30 minutos en dous partidos co Fabril,[3] debutou con 17 anos e 311 días co primeiro equipo do Deportivo, nun partido de Copa do Rei contra a UD Almería, no que entrou na segunda parte como substituto de Pablo Álvarez.[4]
Xogou unha tempada máis no Fabril ata que no 2012 foi descartado polo adestrador José Luis Devesa debido á súa falta de disciplina.[5] Anunciou entón que rescindía o seu contrato e firmaba polo FC Karpaty Lviv de Ucraína, onde xogaba o tamén coruñés Lucas Pérez, co que compartía representante.[6][7] Con todo, pouco despois, Lucas foi cedido ao Dynamo de Kíiv, e Beceiro recalou tamén na capital ucraína para probar co filial.[8][9]
Regresou poucas semanas despois a Galicia, onde firmou polo Verín CF, de Preferente Autonónimca, até o final da campaña.[10] Para a tempada seguinte regresou ao Fabril, co que xogou media tempada antes de volver rescindir o seu contrato en xaneiro de 2014.[11] A continuación pasou polo Caudal asturiano e polo Somozas, nos que apenas contou con minutos.
A súa progresión futbolística vírase truncada debido á súa vida de excesos e descontrol, polo que o presidente do Verín, José Manuel Zubiela, accedeu a fichar de novo ao futbolista coa condición de que tanto el como o seu compañeiro Sergito, en condicións semellantes, vivisen na súa casa, para tentar reconducir as súas vidas.[12][13][14] Anotou 17 goles esa tempada e foi un dos artífices do ascenso do club á Terceira División.[15]
O seu bo rendemento e os 7 goles na primeira parte da seguinte tempada, fixeron que en xaneiro de 2016 o contratase a Ponferradina, que o cedeu inmediatamente ao Atlético Astorga, da Segunda B. Os seus números non foron tan bos no equipo maragato, nin tampouco na tempada seguinte, na que xogou cedido no Navalcarnero e no Barco. No verán de 2017 fichou polo Arousa, da Terceira División. Disputou 16 partidos, nos que logrou un só gol, e foi despedido en xaneiro, despois de faltar a varios adestramentos e non comunicarse co club.[16]
A continuación fichou polo Ourense CF, tamén da Terceira División, no que xogou o que restaba de tempada e outra máis, marcando 6 goles en 32 partidos.[17] Nas seguintes dúas campañas xogou no Tropezón e no Formentera, ámbolos dous de Terceira, e en 2021 fichou polo Laredo, da Segunda División RFEF.[18] Xogou unha tempada no club cántabro, sendo o máximo goleador do equipo con 12 goles en 32 partidos. En 2022 fichou polo Alzira, da mesma categoría.[19]
Foi internacional coa selección española sub-17 en dúas ocasións no ano 2009.[20]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.