From Wikipedia, the free encyclopedia
ISEE 3, acrónimo de International Sun-Earth Explorer 3, tamén coñecido como Explorer 59 e máis tarde como International Cometary Explorer (ICE), foi un satélite artificial colaboración da NASA e da ESA lanzado o 12 de agosto de 1978 mediante un foguete Delta 2914 desde Cabo Cañaveral.[1][6][5]
ISEE 3 / International Sun-Earth Explorer 3 / Explorer 59 / International Cometary Explorer / ICE | |
---|---|
ISEE 3 | |
Tipo | Científico |
Organización | NASA/ESA |
Data de lanzamento | 12 de agosto de 1978, 15:12 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Delta 2914[1][5] |
Sitio de lanzamento | Cabo Cañaveral, rampla 17B[1][6] |
Obxectivo da misión | Estudo das partículas e campos magnéticos da magnetosfera terrestre e solar e a súa interacción, estudo do comenta Giacobini-Zinner.[1][6] |
NSSDC ID | 1978-079A |
Masa | 300 kg[1] |
Potencia | 173 W[1] |
ISEE 3 formaba parte do Programa Explorer e foi parte dunha flotilla de tres naves (xunto con ISEE 1 e ISEE 2) para estudar os campos e partículas da magnetosfera terrestre e solar e a súa interacción. As tres naves fixeron medicións en diferentes partes do espazo, das proximidades terrestre ao espazo interplanetario. ISEE 3 foi colocada inicialmente no punto de Lagrange L1 do sistema Terra-Sol nunha órbita de halo. En 1982 modificouse a súa órbita para rematar nunha órbita heliocéntrica e sobrevoar o cometa Giacobini-Zinner o 11 de setembro de 1985, fase durante a cal a nave pasou a renomearse International Cometary Explorer (ICE). Posteriormente estudou o espazo próximo ao cometa Halley, en marzo de 1986.[1][6][5]
A nave estabilizábase mediante xiro a 20 r.p.m., co eixo de xiro case perpendicular ao plano da eclíptica. Tiña unha masa de 390 kg e forma Cilíndrica, co corpo cuberto de células solares que producían ata 173 W de potencia. [1][6][5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.