From Wikipedia, the free encyclopedia
ISEE 1, acrónimo de International Sun-Earth Explorer 1, e tamén coñecido como Explorer 56, foi un satélite artificial colaboración da NASA e da ESA lanzado o 22 de outubro de 1977 mediante un foguete Delta 2914 desde Cabo Cañaveral.[1][2][3]
ISEE 1 / International Sun-Earth Explorer 1 / Explorer 56 | |
---|---|
ISEE 1 | |
Tipo | Científico |
Organización | NASA/ESA |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1][2][3] |
Data de lanzamento | 22 de outubro de 1977, 13:53 GMT[1][4][5][6] |
Foguete portador | Delta 2914[1][3] |
Sitio de lanzamento | Cabo Cañaveral, rampla 17B[1][2] |
Obxectivo da misión | Estudo das partículas e campos magnéticos da magnetosfera terrestre e solar e a súa interacción.[1][2] |
Decaemento | 26 de setembro de 1987[4] |
NSSDC ID | 1977-102A |
Masa | 340,2 kg[1] |
Potencia | 175 W[1] |
ISEE 1 formaba parte do Programa Explorer e foi parte dunha flotilla de tres naves (xunto con ISEE 2 e ISEE 3) para estudar os campos e partículas da magnetosfera terrestre e solar e a súa interacción. As tres naves fixeron medicións en diferentes partes do espazo, das proximidades terrestre ao espazo interplanetario. A chamada parte nai/filla da misión consistía de ISEE 1 e 2 orbitando a Terra en proximidade a unha da outra para facer medicións simultáneas da variación dos campos e partículas interactuando entre o sistema Terra-Sol.[1][2][3]
A nave estabilizábase mediante xiro a 19,75 r.p.m., co eixo de xiro case perpendicular ao plano da eclíptica. Tiña unha masa de 340,2 kg e forma Cilíndrica, co corpo cuberto de células solares que producían ata 175 W de potencia. Tanto ISEE 1 como ISEE 2 reentraron na atmosfera o 26 de setembro de 1987.[1][2][3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.