futbolista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Hugo Novoa Ramos, nado en Bertamiráns (Ames) o 24 de xaneiro de 2003, é un futbolista galego que xoga de extremo e lateral dereito no Deportivo Alavés, da Primeira División. É internacional coa selección española sub-21.
Hugo Novoa | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Hugo Novoa Ramos | ||
Nacemento | 24 de xaneiro de 2003 | ||
Lugar de nacemento | Bertamiráns | ||
Altura | 1,82 m. | ||
Posición | extremo esquerdo e lateral | ||
Información de club | |||
Club actual | Deportivo Alavés | ||
Número | 16 | ||
Carreira xuvenil | |||
2008–2013 | Bertamiráns | ||
2013–2019 | Deportivo da Coruña | ||
2019–2021 | RB Leipzig | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2021–2024 | RB Leipzig | 15 | (2) |
2023 | → Basel | 12 | (1) |
2023–2024 | → Utrecht | 2 | (0) |
2024– | → Villarreal B | 11 | (0) |
2024– | Deportivo Alavés | 3 | (0) |
Selección nacional | |||
2019 | España sub-16 | 7 | (0) |
2019–2020 | España sub-17 | 8 | (0) |
2021–2022 | España sub-19 | 6 | (0) |
2022– | España sub-21 | 13 | (1) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 24 de setembro de 2024. Selección: actualizado a 24 de setembro de 2024.[ editar datos en Wikidata ] | |||
Formouse nas canteiras do Bertamiráns e do Deportivo da Coruña, e en 2019 entrou na canteira do RB Leipzig.[1]
Despois de dous anos nas categorías inferiores do club, o 23 de outubro de 2021 fixo o seu debut na Bundesliga co primeiro equipo, no que xogaba o tamén galego Angeliño. Foi nun partido contra o Greuther Fürth no Red Bull Arena de Leipzig, no que o adestrador Jesse Marsch o fixo saltar ao campo no minuto 85 como substituto de Christopher Nkunku. Marcou un gol no primeiro balón que tocou, ao rematar ás redes un pase do húngaro Dominik Szoboszlai, facendo o 4-1 definitivo para o seu equipo.[2] Con este tanto converteuse no futbolista máis novo en marcar un gol co Leipzig (18 anos e 272 días).[3]
Tres días despois xogou o seu primeiro partido como titular, na vitoria por 0-1 sobre o SV Babelsberg 03, correspondente á Copa de Alemaña.[4] O 24 de novembro debutou na Liga de Campións, na vitoria por 0-5 contra o Club Brugge no estadio Jan Breydel.[5] Pechou a tempada con oito partidos na Bundesliga, un na Liga de Campións e dous na copa alemá, competición da que o equipo se proclamou campión na final ante o Freiburg.[6]
En xaneiro de 2023 saíu cedido ao Basel da Super Liga suíza para a seguinte campaña e media, na busca de máis regularidade.[7] Con todo, permaneceu só medio ano no equipo helvético, disputando 15 partidos e contabilizando un gol e dúas asistencias.
Para a tempada 2023/24 volveu saír cedido, desta vez ao Utrecht, da Eredivisie.[8] Debutou na máxima categoría dos Países Baixos na quinta xornada, na vitoria por 1-3 sobre o Heracles Almelo. Disputou só cinco partidos co club neerlandés e na segunda parte da metade foi cedido ao Villarreal B, da Primeira Federación.[9] Na entidade amarela sumou 11 encontros, 7 deles como titular, sen poder evitar o descenso do equipo.
No verán de 2024 anunciouse o seu traspaso ao Deportivo Alavés, da Primeira División.[10] Debutou na máxima categoría nun partido ante o Celta de Vigo en Balaídos, substituíndo na segunda parte a Luka Romero.
Foi internacional coas seleccións españolas sub-16, sub-17 e sub-19,[11] así como coas diferentes categorías inferiores da selección galega. O 7 de xuño de 2022 debutou coa selección española sub-21, nunha goleada por 7-1 sobre Malta, correspondente á clasificación para a Eurocopa sub-21,[12] onde saltou ao terreo de xogo na segunda parte como substituto de Abel Ruiz.[13]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.