lingua xermánica falada principalmente nos Países Baixos e Bélxica From Wikipedia, the free encyclopedia
O neerlandés[2] é unha lingua de orixe xermánica. Forma parte do grupo xermánico occidental, e está próxima ao baixo alemán e un pouco máis afastado do frisón. Fálano aproximadamente uns 30 millóns de persoas no mundo, fundamentalmente nos Países Baixos e en Bélxica.
Neerlandés Nederlands, Vlaams | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Holandés, flamengo | |
Falado en: | Países Baixos, Bélxica, Francia, Alemaña, Suriname, Antillas Holandesas, Aruba, Indonesia | |
Total de falantes: | 23 millóns | |
Posición: | 40 | |
Familia: | Indoeuropeo Xermánica Xermánica occidental Saxónica baixa Franconia baixa Neerlandés | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Aruba Antillas Neerlandesas Bélxica Países Baixos Suriname Unión Europea | |
Regulado por: | Nederlandse Taalunie | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | nl | |
ISO 639-2: | dut | |
ISO 639-3: | nld
| |
SIL: | DUT
| |
Mapa | ||
Status | ||
O neerlandés é idioma oficial nos Países Baixos, así como en Bélxica, nas dependencias neerlandesas do alenmar (Antillas Neerlandesas e Aruba), e na antiga colonia neerlandesa de Suriname.
Ademais, unhas 60.000 persoas fálano no noroeste de Francia, na zona fronteiriza con Bélxica. Tamén se fala reducidamente nalgunhas partes de Indonesia, onde fora a lingua da administración pública colonial neerlandesa.
A norma culta denomínase AN (Algemeen Nederlands ou "neerlandés xeral"), termo considerado menos elitista ca ABN (Algemeen Beschaafd Nederlands ou "neerlandés xeral culto"), utilizado antigamente. A Unión da Lingua Neerlandesa (Nederlandse Taalunie) encárgase de fixar a norma.
Os grupos dialectais principais do neerlandés son cinco: o flamengo, o holandés, o baixo saxón, o brabantés e o limburgués. Os falares flamengos son os propios da parte suroccidental dos Países Baixos e do oeste de Bélxica, así como da zona neerlandófona de Francia. Ás veces, dende unha perspectiva histórica, denomínase flamengo o neerlandés de Bélxica, independentemente de que este sexa lingüisticamente flamengo, brabantés ou limburgués.
Véxase o mapa da situación dos dialectos e as linguas rexionais. Trátase dunha clasificación ampla, coa maioría dos dialectos de transición non están incluídos. Polo tanto, está destinada soamente a crear unha imaxe global da propagación dos dialectos do neerlandés. A fronteira entre dialecto e lingua é moi problemática na zona lingüística xermano-occidental, sobre todo nos Países Baixos e Flandres. Hai que ter precaución ao uso deste mapa, xa que non se indica onde se fala a lingua con fluidez, e pode non ser respaldado por tódolos expertos (sobre todo os límites do limburgués e o baixosaxón).
A. Grupo dialectal occidental meridional (Zelandés/Flamengo occidental)
B. Grupo dialectal occidental setentrional (Holandés)
C. Grupo dialectal oriental setentrional (Baixosaxón)
D. Grupo dialectal central setentrional
E. Grupo dialectal central meridional
F. Grupo dialectal oriental meridional
G. Surinamés
H. Neerlandés das Antillas e Aruba
Outros
FL. Provincia de Flevolanda. Aquí non se formou ningún dialecto. Máis ben o que hai é unha mestura de varios falares, sobre todo do sur, de Ámsterdam (en Lelystad e Almere). Véxase tamén o neerlandés dos IJsselmeerpolders. O norte e en particular en Urk e arredores foi tradicionalmente unha zona dos dialectos falados do baixosaxón.
* Os dialectos marcados cun asterísco, aínda que incluído baixo o holandés, pero ten tradicionalmente un moi forte substrato do frisón.[3] Porén, as investigacións do dialectólogo Harrie Scholtmeijer do Instituto Meertens de Dronten amosan que os mozos falan holandés sen acento.[4]
A maioría dos dialectos aproxímanse cada vez máis ao neerlandés estándar, xa que este é o que se utiliza nos medios de comunicación, tanto en Bélxica como nos Países Baixos. Estes dialectos están a perder as súas características, as palabras de seu, e ás veces incluso a pronunciación. Os dialectos que están máis afastados do estándar son o limburgués e o groninxio. No mapa pódese ver que incluso o afrikaans está máis cerca da norma que estes dialectos.
O afrikaans é unha das linguas oficiais na República de Suráfrica, e en Namibia, en orixe era unha variedade local do neerlandés.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.