Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A historia dos indíxenas de Australia comezou hai 65 000 anos cando os aborixes australianos poboaron Australia.[1] Os aborixes eran cazadores-recolectores seminómades cunha forte conexión espiritual coa terra, a auga e os animais. Cada grupo desenvolveu habilidades adaptada á área na que vivían, cunha significativa diversidade de grupos.[2]
A orixe dos pobos indíxenas australianos é materia de debate e conxectura. Crese que pertencían ás primeiras migracións humanas fóra de África. Malia que puideron migrar cara a Australia atravesando o sueste asiático non están relacionados con ningunha poboación de Asia ou da Polinesia. Existen evidencias de intercambios xenéticos e lingüísticos entre os aborixes australianos no norte cos pobos austronesios da Illa de Nova Guinea, mais pode ser o resultado dun intercambio comercial e mestizaxe recente.[3]
No momento da chegada dos primeiros europeos, estímase que vivían en Australia entre 315 000 e 750 000 persoas, aínda que tamén hai estimacións que consideran a cifra de 1,25 millóns.[4] Unha poboación acumulada de 1,6 billóns de persoas puideron ter vivido en Australia ó longo dos 70 000 anteriores á chegada dos colonizadores británicos.[5] As rexións máis densamente poboadas eran as mesmas rexións costeiras que son as máis poboadas no presente. A comezos de 1900 críase que a poboación indíxena de Australia estaba preto da extinción. A poboación minguou dende 1 250 000 en 1788 até só 50 000 en 1930; isto debeuse en parte á exposición que sufriron a doenzas como a varíola.[6]
Despois da colonización, as poboacións costeiras indíxenas foron absorvidas, eliminadas ou deportadas das súas terras. Porén aspectos tradicionais da cultura e do estilo de vida aborixe resistiron fortemente en áreas como o Gran Deserto Areoso onde apenas existía presenza europea. A meirande densidade de poboación atopábase nas rexións meridionais e orientais do continente, especialmente no val do río Murray. Porén, os aborixes australianos mantiveron as súas comunidades en toda Australia, dende as frías e húmidas terras altas de Tasmania até as máis áridas zonas do interior do continente. Por iso, as súas tecnoloxías, dietas e prácticas de caza variaron segundo as características da xeografía.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.