especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
A herba benta (Valeriana officinalis), tamén chamada valeriana menor ou herba dos gatos[1], é unha herbácea perenne, pertencente á familia das Valerianáceas.
Herba benta | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Valeriana officinalis L. |
Nativa de Europa e algunhas partes de Asia, foi introducida en América do Norte. É moi común nos bosques húmidos na beira de regueiros e ríos, dende as chairas até as zonas submontañosas. En Galiza abunda nos prados a carón dos ríos[2], emprégandose coma menciña dende a antigüidade, de aí o seu nome vulgar de herba benta (bieita).
En farmacoloxía e fitoterapia empréganse os órganos subterráneos (rizomas, raíces e estolóns) ou habitualmente os seus fitoextractos. Se se moe ten unha cor parda clara e un fedor típico penetrante que lembra ao queixo curado.
As larvas dalgúns lepidópteros (bolboretas e avelaíñas) aliméntanse dela.
É unha planta perenne moi variábel co talo simple que acada os 20–120 cm de altura. Os rizomas son ovoides ou cilíndricos de 3–5 cm, cor cinsenta-amarelenta, cubertos por moitas raíces de pequeno diámetro, case cilíndricas e da mesma cor ca o rizoma. As follas son pinnadas con folíolos dentados. As flores son miúdas de cor rosa pálida, xorden nun mesto corimbo terminal en primavera e no verán.
É un dos grandes fármacos para o equilibrio nervioso. Úsase moito coma sedante e calmante no histerismo, manifestacións neurasténicas (insomnio, neurose, chambras abdominais (cólicos), hiperexcitabilidade etc.), nas alteracións menopáusicas e como antiespasmódico en sentido lato. Emprégase en trastornos convulsivos con bos resultados, soa ou asociada a anticonvulsivantes. Nalgunhas mulleres o seu uso como sedante suave pode ter o efecto oposto, provocando excitación.[3]
Ten efectos psicoactivos sobre o comportamento dos gatos,[4] que semellan ser pracenteiros xa que o seu cheiro atrainos para a consumir, de aí o nome vulgar galego de herba dos gatos.
O extracto fermentado de valeriana ou a súa infusión aplícase foliarmente en agricultura ecolóxica para protexer as plantas das xeadas serodias.
O seu uso coma herba medicinal remóntase polo menos á antiga Grecia e ao Imperio romano. Hipócrates describiu as súas propiedades, e Galeno, posteriormente, prescribiuna coma menciña contra o insomnio. Na Suecia medieval, ás veces colocábase na roupa de voda do noivo para evitar a "envexa" dos elfos.[5] Tense usado tamén coma engado para as ratas.
|
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.