numismático e arqueólogo francés From Wikipedia, the free encyclopedia
Henri Rolland, nado en Niza o 1 de xaneiro de 1887 e finado en Saint-Rémy-de-Provence o 4 de decembro de 1970, foi un arqueólogo, numismático, historiador e xenealoxista francés, destacado polos seus traballos e as súas investigacións sobre os sitios gregos da Provenza.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Henri Marie Jules Joseph Rolland 1 de xaneiro de 1887 Niza, Francia |
Morte | 4 de decembro de 1970 (83 anos) Saint-Rémy-de-Provence, Bocas do Ródano. |
Director de museo | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francesa. |
Q89547790 | Presidente da SFN. |
Actividade | |
Campo de traballo | Historiografía, arqueoloxía, numismática e xenealoxía. |
Ocupación | arqueólogo, xenealoxista, excavation director (en) , numismático, historiador |
Empregador | Académie des inscriptions et belles-lettres. Academia de Aix. Academia de Marsella. Academia de Vaucluse. Comité de Traballos Históricos e Científicos. |
Membro de | |
Premios | |
Oficial da Lexión de Honra. Cruz de Guerra (1914-1919). Cruz de Guerra (1939-1945). Cruz de Guerra de Romanía. Medalla ao Valor de Serbia. Cabaleiro da Orde de Camboxa. |
Henri Rolland naceu en Niza, na rexión de Provenza-Alpes-Costa Azul, en 1887,[1][2] no seo dunha familia proveniente de Forcalquier.[3] O seu pai foi o arquitecto Victor Joseph Jean Baptiste Rolland e a súa nai Céline Eulalie Rampín.[4]
Aínda que seguiu os pasos do seu pai estudando Arquitectura en París, entre 1909 e 1921 dedicouse ás investigacións xenealóxicas do seu pai e colaborou én varias edicións ilustradas do Armoriai général de Rietstap,[1] coa interrupción da primeira guerra mundial, na que combateu na fronte francesa e na do Leste europeo.[3]
Posteriormente centrou o seu interese na numismática, non só como obxecto de estudo, senón que tamén formou unha importante colección de moedas provenzais, que posteriormente vendeu para sufragar os gastos ocasionados polas escavacións arqueolóxicas que promoveu. Estes estudos levárono á edición da publicación periódica Courrier numismatique, entre 1922 e 1930,[1][5] na que el mesmo foi o autor da maioría dos artigos que a compoñen.[3]
Logo de coñecer as escavacións que se estaban a realizar no sitio arqueolóxico celta de Glanum, en Saint-Rémy-de-Provence, en 1928 comezou a colaborar con estes traballos. As súas investigacións alí deron lugar á publicación en 1932 dun estudo sobre as moedas achadas, titulado Numismatique de Glanum.[3] O seu traballo monográfico máis salientable no ámbito numismático foi Monnaies des comtes de Provence, publicado en 1956.[3][6]
A partir da súa experiencia en Glanum, o interese de Rolland pola arqueoloxía aumentou, e dedicouse ao estudo de diversos depósitos por toda a Provenza, sinaladamente nos arredores de Saint-Rémy.[7] En 1941, o falecemento do anterior director, P. de Brun, abriulle as portas á dirección das escavacións de Glanum durante os seguintes 28 anos, así como do Museo Arqueolóxico de Saint-Rémy-de-Provence. Posteriormente asumiu tamén a dirección de Antigüidades Históricas da Alta Provenza,[8] entre 1956 e 1964.[1][9]
Esta nova etapa de escavacións en Glanum foi motivo da publicación de diversos estudos por parte de Rolland, a maior parte deles publicados nunha serie de suplementos da revista Gallia en 1946, entre eles unha nova monografía, titulada Fouilles de Glanum, 1947-1956, publicada en 1958.[9][10] A colaboración do Centro Nacional de Investigacións Científicas de Francia fixo que, baixo a dirección de Rolland, as escavacións nesa área vivisen o seu momento de esplendor durante toda a década de 1950.[8] Xa na súa ancianidade, en 1969, un ano antes da súa morte, publicou un novo compendio cunhas minuciosas descricións das escavacións en Glanum, titulado Le mausolée de Glanum.[11]
Henri Rolland foi membro de varias entidades, academias e sociedades eruditas, entre elas a Sociedade de Estudos Ligures,[12] as Academias de Aix e de Marsella,[2] a Académie de Vaucluse (1935), a Académie des inscriptions et belles-lettres (1961),[2] o Comité de Traballos Históricos e Científicos (1938) ou a Sociedade Prehistórica Francesa. Así mesmo, foi membro da Sociedade Francesa de Numismática,[1] entidade que presidiu entre 1939 e 1941.[13][14][15]
Henri Rolland faleceu o 4 de decembro de 1970, aos 83 anos, na súa granxa de Saint-Rémy-de-Provence,[1][12] onde residía desde 1928.[2]
Os seus méritos nas dúas contendas mundiais, na fronte francesa e no Leste, levaron consigo diversas distincións, tanto en Francia como noutros países:[4][16]
Esta é unha escolma dalgúns dos traballos monográficos que publicou Henri Rolland ao longo da súa carreira:[1][17]
Suplementos de Gallia [18]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.