Heinrich Rudolf Hertz

físico alemán From Wikipedia, the free encyclopedia

Heinrich Rudolf Hertz

Heinrich Rudolf Hertz, nado en Hamburgo o 22 de febreiro de 1857 e finado en Bonn o 1 de xaneiro de 1894, foi un físico alemán. Na súa honra noméase hertz á unidade de frecuencia do SE.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar

En 1888, foi o primeiro en demostrar a existencia da radiación electromagnética construíndo un aparello para producir ondas de radio.

Traxectoria

Naceu no seo dunha familia xudía que se converteu ao cristianismo. O seu pai era conselleiro en Hamburgo, a súa nai a filla dun médico rico.

Mentres estudaba na Universidade de Berlín, demostrou aptitudes tanto para as ciencias como para as linguas, aprendendo árabe e sánscrito. Estudou ciencias e enxeñaría nas cidades alemás de Dresde, Múnic e Berlín. Foi estudante de Gustav Kirchhoff e Hermann von Helmholtz.

Obtivo o seu doutoramento en 1880 e continuou como pupilo de Helmholtz ata 1883, ano no que foi nomeado profesor de física teórica na universidade de Kiel. En 1885 fíxose profesor na universidade de Karlsruhe, onde descubriu as ondas electromagnéticas.

A partir do experimento de Michelson en 1881 (precursor do experimento de Michelson-Morley en 1887), que refutou a existencia do éter luminífero, Hertz reformulou as ecuacións de Maxwell para ter en conta o novo descubrimento. Probou experimentalmente que os sinais eléctricos poden viaxar a través do ar libre, como predeciran James Clerk Maxwell e Michael Faraday.

Tamén descubriu o efecto fotoeléctrico (explicado máis adiante por Albert Einstein) ao se decatar que un obxecto cargado perde a súa carga máis doadamente ao ser iluminado pola luz ultravioleta.

Morreu de septicemia con 37 anos. O seu sobriño Gustav Ludwig Hertz foi gañador do premio Nobel, e o fillo de Gustav, Carl Hellmuth Hertz, inventou a ultrasonografía médica.

Véxase tamén

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.