From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha hecatombe (en grego ἑκατόμβη, hekatómbê) designa orixinalmente, na Antiga Grecia, un sacrificio relixioso de cen bois.
Popularmente úsase para sinalar unha gran catástrofe, con gran mortaldade.
A palabra provén dos termos do grego antigo ἑκατόν, hekatón, «cen», e βοῦς, bũs, «boi». Moi pronto, a palabra esténdese a todo gran sacrificio, independentemente do número de vítimas e do animal. Así, atópase na Ilíada unha hecatombe de doce bois, outra de cincuenta carneiros, e na Odisea, unha de oitenta e un bois.
Segundo as obras de Hesíodo, no mito de Prometeo, en Teogonía. Despois de que o titán enganase a Zeus, ao facerlle elixir entre dúas partes dun boi, unha coas ricas carnes e outra soamente cos ósos, pero esta última seria cuberta con graxa, para que así o deus Cronidas (Zeus) caese nos astutos enganos do titán Prometeo e este quedaría coas ricas vísceras que compartiría cos humanos. Zeus obriga aos homes a queimar graxa do animal. Sendo esta unha nova forma de comunicación cos deuses olímpicos.
Hécatombaia (Hecatombeas), transliteración do grego antigo Έκατομβαϊα, designa, dunha maneira xeral, as festas relixiosas en que se celebraban hecatombes. A maioría das Hecatombeas non eran festas independentes, senón que formaban parte dun conxunto máis vasto de festividades.
Celebrábanse Hécatombaia a:
Vexa a entrada do Galizionario acerca de hecatombe |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.