Heather Locklear

actriz estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

Heather Locklear
Remove ads

Heather Deen Locklear, nada nos Ánxeles o 25 de setembro de 1961, é unha actriz estadounidense, coñecida polo papel de Sammy Jo Carrington en Dinasty (1981-1989) e mais o de Amanda Woodward en Melrose Place (1993-99), polo que recibiu catro Globos de Ouro consecutivos á mellor actriz nunha serie de televisión dramática.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads
Remove ads

Traxectoria

Locklear é filla dunha executiva de produción, Diane, e dun administrador da UCLA, William Locklear[1][2]. Estudou na UCLA, e neses anos principiou a traballar como modelo e en anuncios. En 1980 debutou na televisión con pequenos papeis en episodios das series CHiPs, 240-Robert e Eight is Enough, antes de iniciar a súa colaboración a longo prazo con Aaron Spelling que empezou co papel de Sammy Jo Dean durante a segunda tempada de Dinasty en 1981. Logo apareceu como unha das protagonistas, a partir da segunda tempada, de T. J. Hooker xunto a William Shatner, mentres seguía a facer aparicións esporádicas en Dinasty e tras o remate de T. J. Hooker en 1986 de novo actuando regularmente ata a súa cancelación en 1989. 

En 1989 protagonizou The Return of Swamp Thing coa que gañou o premio satírico Razzie á peor actriz de 1990[3]. E nese ano protagonizou Going Places, unha serie de comedia que se cancelou despois da primeira tempada. En 1993 logrou o que sería o seu papel máis coñecido, o de Amanda Woodward na serie de Aaron Spelling Melrose Place, unha serie derivada de Beverly Hills, 90210. Ao primeiro Locklear asinara tan só para catro episodios, o primeiro emitiuse o 27 de xaneiro de 1993, mais pasou a ser un membro regular do elenco, malia anunciarse como estrela especial convidada nos créditos de apertura, ata a súa cancelación en 1999. Ao longo da súa carreira, Locklear apareceu en oito producións de televisión realizadas por Aaron Spelling: Dinasty, T. J. Hooker, Matt Houston, Fantasy Island, The Love Boat, Hotel, Melrose Place e o telefilme  Rich Men, Single Woman.

Locklear apareceu na portada de Rolling Stone o 19 de maio de 1994, época na que Melrose Place estaba no auxe da súa popularidade[4]. A revista People recoñeceuna como unha das 50 persoas máis fermosas dúas veces, primeiro en 1994 e, de novo, en 2001[5] Tamén foi o centro de interese dun especial de Intimate Portrait de Lifetime e  de E! True Hollywood Story .

Tras Melrose Place apareceu dende 1999 como actriz regular en Spin City (inicialmente con Michael J. Fox e máis tarde con Charlie Sheen). A serie rematou en 2002 e Locklear gañou dous  Globos de Ouro á mellor actriz en series de televisión de comedia. En 2002 tivo un breve papel regular na serie de comedia Scrubs. En 2003 estrelou un piloto para a súa propia serie de comedia, Once Around the Park, pero non tivo éxito. O mesmo ano, Locklear apareceu no filme Uptown Girls. En 2004, Locklear fixo a súa aparición na serie de televisión Two and a Half Men con Charlie Sheen. Apareceu amais na serie dramática LAX, que se cancelou logo de 11 episodios. En 2005, Locklear apareceu no filme The Perfect Man con Hilary Duff. E tamén nese ano tivo un breve papel recorrente en Boston Legal.

En 2007 apareceu no posto 25 da lista das 100 mellores iconas de televisión da TV Guide e  Entertainment Weekly[6]. Participou en 2009 na versión actualizada que realizou CW de Melrose Place, repetindo o seu papel como Amanda Woodward en oito episodios. Así e todo a serie tivo baixos índices de audiencia e cancelouse tras a primeira tempada[7]

En 2012, Locklear comezou a aparecer nun papel recorrente na serie de comedia de TV Land Hot in Cleveland. En 2013 converteuse en regular na comedia dramática Franklin & Bash.

Remove ads

Filmografía

Televisión

Máis información Ano, Título ...

Filmes

Máis información Ano, Título ...
Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads