From Wikipedia, the free encyclopedia
Hannah Montana é unha serie de televisión estadounidense creada por Michael Poryes, Richard Correll e Barry O'Brien que se emitiu en Disney Channel durante catro tempadas entre o 24 de marzo de 2006 e o 16 de xaneiro de 2011. Coproducida por It's a Laugh Productions e filmada en Hollywood, xunto con That's So Raven foi un dos programas máis exitosos da cadea e a súa banda sonora foi un dos discos máis vendidos en 2006.
Xénero | Sitcom |
---|---|
Creado por | Michael Poryes Rich Correll Barry O'Brien |
Intérpretes | Miley Cyrus Emily Osment Mitchel Musso Jason Earles Moisés Arias Billy Ray Cyrus |
Tema de apertura | "The Best of Both Worlds" por Miley Cyrus |
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 4 |
Episodios | 98 |
Produtor(es) executivo(s) | Steven Peterman Michael Poryes |
Duración | 23–24 minutos |
Canle de orixe | Disney Channel |
Formato de son | Stereo |
Primeiro episodio | 24 de marzo de 2006 |
Derradeiro episodio | 16 de xaneiro de 2011 |
Na rede | |
http://disneychannel.disney.com/hannah-montana | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O 10 de abril de 2009 estreouse un filme baseado na serie, Hannah Montana: The Movie.
A serie trata de Miley Stewart, interpretada por Miley Cyrus, unha estudante adolescente de catorce anos que vai vivir a Malibú co seu irmán máis vello, Jackson (Jason Earles) e seu pai Robby (Billy Ray Cyrus), compositor de música. Miley leva unha vida paralela pola noite como Hannah Montana, famosa cantante pop que oculta a súa identidade real ó público, a non ser ós seus amigos íntimos, Lilly e Oliver, e á familia. Con todo, malia as vantaxes da fama, o que quere en realidade Miley é vivir unha vida como a de calquera rapaza da súa idade.[1]
Tempada | Episodios | Emisión orixinal | ||
---|---|---|---|---|
Inicio | Final | |||
1 | 26 | 24 de marzo de 2006 | 30 de marzo de 2007 | |
2 | 30 | 23 de abril de 2007 | 12 de outubro de 2008 | |
3 | 30 | 2 de novembro de 2008 | 14 de marzo de 2010 | |
4 | 13 | 11 de xullo de 2010 | 16 de xaneiro de 2011 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.