Harriet Creighton

From Wikipedia, the free encyclopedia

Harriet Creighton
Remove ads

Harriet Baldwin Creighton, nada en Delavan (Illinois), o 27 de xuño de 1909 e finada o 9 de xaneiro de 2004, foi unha botánica, xenetista e educadora estadounidense.[1]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Graduouse no Wellesley College en 1929, completando o seu doutoramento na Universidade de Cornell en 1933. Durante o seu tempo en Cornell, traballou no campo da citoxenética do millo con Barbara McClintock, e ambas publicaron un artigo moi influente en 1931 no que describiu o cruzamento cromosómico por primeira vez. Ese traballo, parte do seu doutoramento. proporcionou a evidencia clave de que os cromosomas transportaban e intercambiaban información xenética e, polo tanto, de que os "xenes" dos trazos físicos se levan nos cromosomas. A súa asesora foi Barbara McClintock quen dirixiu o seu doutoramento.[2]

Tras completar o seu doutoramento, ensinou na Universidade de Cornell e no Colexio de Connecticut, e posteriormente regresou a Wellesley onde ensinou ata a súa xubilación en 1974. Tamén sacou un tempo da súa carreira para servir na Mariña dos Estados Unidos durante a Segunda guerra mundial.[2][3]

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads