Han Wudi

sexto emperador da dinastía Han From Wikipedia, the free encyclopedia

Han Wudi

Han Wudi nado o 156 a. C. e finado o 29 de marzo de 87 a. C., foi o sexto emperador da dinastía Han de China.[1]

Datos rápidos Nome de templo, Nome póstumo ...
Pechar

Nomes

Han Wudi literalmente significa "emperador Wu -guerreiro- dos Han", en chinés tradicional 漢武帝, chinés simplificado 汉武帝, pinyin Hànwǔdì, Wade-Giles Wu Ti); tamén era chamado Wu de Han, nado como Liu Che (劉徹).

O uso de "Han" (漢) como parte do nome é unha referencia á dinastía Han da que foi parte.

Poesía yuefu

Han Wudi foi un mecenas da literatura e hai varios poemas atribuídos a el[2]. Facilitou un renacemento do Chu ci, a poesía no estilo do antigo reino de Chu na primeira metade do seu reinado, en parte debido ao seu parente Liu An. Empregou poetas e músicos para escribir letras e compoñer melodías e patrocinou coreógrafos e xamáns para organizar movementos de danza e coordinar o espiritual e o mundano. As actuacións resultantes eran rituais de luxo, algúns nocturnos onde cantantes, músicos e bailaríns actuaban coa iluminación proporcionada por miles de fachos.

Unha das principais contribucións do emperador foi a través da Oficina de Música Imperial (yuefu), creada ou ampliada por el. As súas tarefas eran recoller cancións populares, adaptalas e orquestrarlas, así como elaborar material novo. A institución non só recolleu cancións e baladas chinesas, senón tamén cancións baseadas en melodías de Asia Central, con letras novas. Desenvolveuse a transmisión dun estilo particular de poesía, que pasou a ser coñecido como yuefu.

Goberno

Gobernou entre o 141 e o 87 a. C. É lembrado principalmente pola grande expansión territorial que tivo lugar baixo o seu reinado, así como polo potente e centralizado Estado confuciano que organizou.[3] É citado na historia chinesa como un dos máis grandes emperadores xunto co emperador Taizong da Dinastía Tang e o emperador Kangxi da Dinastía Qing.

Predecesor:
Jing de Han
Emperador da China
141 – 87 a. C.
Sucesor:
Zhao de Han

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.