HMGA1
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A HMGA1 (High-mobility group protein HMG-I/HMG-Y, proteína do grupo de alta mobilidade HMG-I/HMG-Y) é unha proteína que en humanos está codificada polo xene HMGA1 situado no cromosoma 6.[1][2]
HMGA1 | |
Identificadores | |
Símbolo | HMGA1 |
Símbolos alt. | HMG-R, HMGA1A, HMGIY, high mobility group AT-hook 1 |
Entrez | 3159 |
RefSeq | NP_002122.1 |
UniProt | P17096 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 6 :(34.24 – 34.25 Mb) |
Este xene codifica unha proteína non histónica da cromatina implicada en moitos procesos celulares, incluíndo a regulación da transcrición de xenes inducibles, replicación do ADN, organización da heterocromatina, integración de retrovirus en cromosomas, e a progresión metastática de células cancerosas.
As proteínas HMGA1 son bastante pequenas (~10-12 kDa); son moléculas básicas, e constan de tres ganchos AT coa secuencia motivo central RGRP (Arg-Gly-Arg-Pro), un novo dominio con enlaces cruzados localizado entre o segundo e terceiro gancho AT, e unha cola ácida C-terminal característica da familia de proteínas HMG, a cal comprende as proteínas HMGA, HMGB e HMGN.
As proteínas de fusión HMGA1-GFP son moi dinámicas in vivo (determinado usando a análise FRAP), pero en contraste tamén mostran afinidade nanomolar para o ADN rico en AT in vitro (determinado bioquimicamente), que podería explicarse debido a unha ampla modificación postraducional in vivo. A HMGA1 únese preferencialmente ao suco menor das rexións ricas en AT do ADN bicatenario usando os seus ganchos AT. Ten pouca estrutura secundaria en solución pero adopta distintas conformacións cando está unida a substratos como o ADN e outras proteínas. As proteínas HMGA1 teñen unha gran cantidade de diversas modificacións postraducionais e están localizadas principalmente no núcleo, especialmente na heterocromatina, pero tamén na mitocondria e a citoplasma.
Recentemente, as proteínas HMGA1, HMGA1a e HMGA1b, poden crear enlaces cruzados coas febras de ADN in vitro e poden inducir agrupamentos da cromatina in vivo, o que suxire un papel estrutural da proteína HMGA1 na organización da heterocromatina.[3]
Atopáronse polo menos sete variantes de transcrición codificadas en dúas isoformas diferentes (HMGA1a, HMGA1b) para este xene.[4] Discútese se a variante de empalme HMGA1c con só dous ganchos AT e sen cola ácida se é un verdadeiro membro da familia HMGA.
Os ratos que carecen das variantes de HMGA1, é dicir, ratos Hmga1-/-, son diabéticos, e mostran hipertrofia cardíaca e expresan baixos niveis do receptor de insulina.[5]
HMGA1 presenta interaccións con CEBPB[6] e o factor de transcrición Sp1.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.