Gancho AT

From Wikipedia, the free encyclopedia

Gancho AT

O gancho AT ou amocelo AT (AT-hook) é un motivo estrutural para a unión ao ADN presente en moitas proteínas, como por exemplo as proteínas HMG (grupo de alta mobilidade),[1] as proteínas de unión ao ADN de plantas [2] a proteína hBRG1, e a ATPase central do complexo proteico de remodelación SWI/SNF humano (switching/sucrose non-fermenting).[3]

Datos rápidos AT_hook, Identificadores ...
AT_hook
Thumb
estrutura dun complexo do segundo dominio de unión ao ADN da HMG-I(y) humana unida a un ADN dodecámero que contén o sitio prdii do promotor do interferón-beta, nmr, 35 structuras
Identificadores
SímboloAT_hook
PfamPF02178
InterProIPR017956
SMARTAT_hook
SCOPe2eze / SUPFAM
Pechar
Thumb
O segundo gancho AT da HMGA1 (fita negra) unido a o suco menor dun ADN rico en AT. As cadeas laterais dos aminoácidos e os nucleótidos non se ven.

Este motivo consiste nunha secuencia central palindrómica conservada formada polos aminoácidos prolina-arxinina-glicina-arxinina-prolina, aínda que algúns ganchos AT conteñen só unha soa prolina na secuencia central. Os ganchos AT tamén inclúen un número variable de residuos de lisina e arxinina cargados positivamente a cada lado da secuencia central.[4] O gancho AT únese ao suco menor dun ADN rico en adenina-timina (AT), de onde vén o nome AT. O nome de gancho ou amocelo procede do gancho (hook) de asparaxina/aspartato predito nos primeiros ganchos AT dos que se informou en 1990.[5] En 1997 os estudos estruturais usando resonancia magnética nuclear determinaron que un gancho AT unido ao ADN adoptaba unha forma de crecente ou gancho arredor do suco menor da fibra de ADN diana (como se ve na imaxe da dereita).[6] As proteínas HMGA conteñen tres ganchos AT, aínda que algunhas proteínas conteñen ata 30.[5] As secuencias de unión óptimas para as proteínas de gancho AT son repeticións de tipo (ATAA)n ou (TATT)n, aínda que as secuencias óptimas para a secuencia central do gancho AT son AAAT e AATT.[7]

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.