O sulfuro de hidróxeno é un gas, máis denso que o aire, de fórmula H2S, incoloro, inflamábel, tóxico, odorífero (o seu olor é o de materia orgánica en descomposición, como de ovos podres).

Datos rápidos Identificadores, Propiedades ...
Sulfuro de hidróxeno
Thumb
Fórmula esquelética do sulfuro de hidróxeno en 2D
Thumb Thumb
Identificadores
Número CAS 7783-06-4
PubChem 402
ChemSpider 391
UNII YY9FVM7NSN
Número CE 231-977-3
Número UN 1053
KEGG C00283
MeSH Hydrogen+sulfide
ChEBI CHEBI:16136
ChEMBL CHEMBL1200739
Número RTECS MX1225000
Referencia Beilstein 3535004
Referencia Gmelin 303
3DMet B01206
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular H2S
Masa molar 34,08 g mol−1
Aspecto Gas incoloro
Olor a ovos podres
Densidade 1,363 g dm−3
Punto de fusión −82 °C; −116 °F; 191 K
Punto de ebulición −60 °C; −76 °F; 213 K
Solubilidade en auga 4 g dm−3 (a 20 °C)
Presión de vapor 1740 kPa (a 21 °C)
Acidez (pKa) 7,0[2][3]
Basicidade (pKb) 6,95
Índice de refracción (nD) 1,000644 (0 °C)[4]
Estrutura
Forma da molécula curvada
Momento dipolar 0,97 D
Termoquímica
Entalpía estándar
de formación
ΔfHo298
−21 kJ·mol−1[5]
Entropía molar
estándar
So298
206 J·mol−1·K−1[5]
Capacidade calorífica, C 1,003 J K−1 g−1
Perigosidade
EU Index 016-001-00-4
Clasificación da UE Extremadamente inflamable F+ Moi tóxico T+ Perigoso para o medio ambiente (Natureza) N
Frases R R12, R26, R50
Frases S S1/2, S9, S16, S36, S38, S45, S61
NFPA 704
Thumb
4
4
0
Punto de inflamabilidade -82,4 °C[6]
Temperatura de autoignición 232 °C; 450 °F; 505 K
Límites de explosividade 4,3–46%
Compostos relacionados
hidróxeno calcoxénidos relacionados auga
selenuro de hidróxeno
telururo de hidróxeno
polonuro de hidróxeno
Disulfuro de hidróxeno
Sulfanyl
Compostos relacionados Fosfina

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.
Pechar

A pesar disto, no organismo humano desempeña funcións esenciais.

O seu punto de ebulición é de 212,86 K.

O sulfuro de hidróxeno denomínase tamén ácido sulfhídrico,[7] porque, cando está en solución acuosa, (H2Saq), é un hidrácido.

Na nomenclatura química a desinencia -uro corresponde aos haluros, é dicir aos sales que non conteñen oxíxeno. Posto que un sal "é un composto iónico formado por un catión distinto de H+ e un anión distinto de OH ou O2—: ácido + base --> sal + auga",[8] a expresión «sulfuro de hidróxeno» resulta estraña, pois implica que o hidróxeno se substitúe a si mesmo.

Para evitarmos esta incongruencia na súa denominación, o H2S poedería considerarse como a solución acuosa (aq na fórmula), é dicir ácido sulfhídrico.

A súa reacción con bases fortes xera sales: os sulfuros.

O ácido sulfhídrico encóntrase naturalmente no petróleo «cru» (non procesado), no gas natural, en gases volcánicos e nalgúns mananciais de augas termais.

Tamén pode existir en augas pantanosas, lagoas ou en augas estancadas, desaugamentos, estanques de fábricas de fariña ou de aceite de peixe, en barcos pesqueiros e en sumidoiros de augas residuais.

Téñense producido mortes en lagos ou lagoas estancadas cando o ácido sulfhídrico burbulla desde as profundidades e alcanza a persoas na superficie. Como este ácido é máis denso que o aire xéranse fraccionamentos por diferenzas de densidade. Xeralmente débese á descomposición anaerobia de restos orgánicos. Así mesmo, xérase en refinarías de petróleo.

O ácido sulfhídrico é un dos compostos destacados como causantes de molestias por malos olores. Por isto desenvolvéronse diversos procesos de desodorización que o eliminan de correntes contaminadas. Exemplos: os tratamentos de gas con aminas na industria e a utilización de nitrato cálcico en augas residuais.

É extremadamente nocivo para a saúde. Bastan 20-50 partes por millón (ppm) no aire para causar un malestar agudo que comporta á asfixia e á morte por sobreexposición. Polo seu grao de toxicidade, está directamente debaixo do ácido cianhídrico (HCN).

É habitual que traballadores do sector portuario sexan afectados con resultados fatais cando entran en adegas que transportaron produtos derivados da pesca. Neste caso, o ácido sulfhídrico provén de proteínas sulfuradas que se degradan e liberan o ácido mencionado.

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.