From Wikipedia, the free encyclopedia
Hípetro[1] (do latín hypaethrus , do grego antigo ὕπαιθρος hupaithros ὑπό hupo- "baixo" e αἰθήρ aither "ceo, aire"), son termos usados para describir un edificio ou un espazo arquitectónico que non está cuberto por un teito.[2]
Na arquitectura monumental de Exipto, a "sala hípetra" estaba rodeada de columnas, como un patio porticado, tamén sen teitume.[3] Era o espazo arquitectónico descuberto do templo exipcio, estando inmediatamente despois dos pilonos da entrada e anterior á "sala hipóstila" cuberta, onde estaba a "cella" que gardaba a imaxe da divindade. As primeiras hípetras foron construídas nos templos contiguos dos complexos das pirámides de Keops e Micerinos. Esta disposición influenciou o deseño dos megaróns micénicos.
Na arquitectura clásica, 'Hypaethral' describe un antigo templo sen teito, un tipo de templo grego cuxa cella queda aberta e, por extensión, calquera edificio ou parte del sen un teito. Foi descrito polo arquitecto romano Vitruvio no seu tratado "De architectura", escrito para o emperador César Augusto, probablemente ao redor do 15 a.C.
Os templos sen teito tamén se construíron na India, nos estados de Orissa, Madhya Pradesh e Uttar Pradesh nos séculos VIII ao XI. Estes templos hipetros de planta redonda ou rectangular foron dedicados ás deusas chamadas Yoginis (Yogini Cult e Teples, Vidya Dehejia, templos de Yoginis na India, Stella Dupuis).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.