Gurdial Singh Rahi (punjabi: ਗੁਰਦਿਆਲ ਸਿੰਘ), nado en Bhaini Fateh o 10 de xaneiro de 1933 e finado en Bathinda o 16 de agosto de 2016, foi un escritor en punjabi da India.

Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Infotaula de personaGurdial Singh
Nome orixinal(ta) குர்தியால் சிங் Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de xaneiro de 1933 Editar o valor em Wikidata
Jaitu, India (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte16 de agosto de 2016 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Bathinda, India (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIndia (1950–)
Dominio da India (1947–1950)
Raj Británico (–1947) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , novelista , guionista , escritor de contos Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua punjabi Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios
Pechar

Traxectoria

Primeiros anos

Naceu nunha pequena localidade preto de Jaitu no Punjab británico. Seu pai Jagat Singh, era carpinteiro e súa nai, Nihal Kaur, ama de casa.[1] Gudial empezou traballar como carpinteiro aos 12 anos para axudar á súa familia .[1] Seguiu a estudar mentres traballaba, e cando tiña 14 anos casou con Balwant Kaur. En 1962 era mestre de escola en Nandpur Kotra mentres estudaba inglés e historia na universidade.[1]

Literatura

En 1957[1] publicou o seu primeiro relato, "Bhaganwale" na revista Panj Darya, e seguiron outros que publicou en Preetlari. A súa primeira novela, Marhi Da Deeva, editada en 1964 consagrouno como un autor recoñecido tanto pola crítica como polo público[2], converténdose nun dos principais novelistas en punjabí con títulos como Anhoe (1966), Addh Chanani Raat (1972), Anhe Ghore Da Daan (1976) e Parsa (1991). Tamén publicou coleccións de relatos: Saggi Phull (1962), Kutta Te Aadmi (1971), Begana Pind (1985) e Kareer Di Dhingri (1991) e as autobiografías Neean Mattiyan (1999) e Dojee Dehi (2000) publicada en dúas partes. Moita da súa obra trata dos marxinados no Punjab rural cun uso intenso do dialecto malwai.[3] Escribiu tamén relatos para nenos e algunhas das súas novelas leváronse ao cine.[4] Gañou algúns dos premios literarios máis prestixiosos da India como o Sahitya Akademi (1975), Padma Shri (1998) e o Jnanpith (2000).[5]

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.