político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Gumersindo Montero Montero, nado na Coruña e finado en Sofía, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido A Coruña, España |
Morte | valor descoñecido Sofía, Bulgaria |
Actividade | |
Ocupación | político |
Emigrou a Cuba moi novo, onde foi un dos organizadores do Partido Comunista de Cuba, creado en 1925. Foi expulsado pola ditadura de Gerardo Machado en 1930 e volveu a Galicia. Participou na constitución do raio comunista da Coruña o 9 de xullo de 1931 e foi un dos dirixentes do PCE en Galicia. Presentouse ás eleccións de novembro de 1933 integrado na Candidatura de la Juventud Republicana co seu camarada Manuel Escariz Bugallo.[1] En maio de 1935 foi "acoplado" á secretaría do raio comunista de Vigo. Participou na asemblea do 17 de maio de 1936[2] na que se organizou o referendo do Estatuto de Autonomía de Galicia e despois na campaña para pedir o SI, onde usou sempre o galego. Colaborou en Mundo Obrero.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse en Meirás con Juan Antonio Suárez Picallo e os sindicalistas Antonio Carballeira Muñiz, Manuel Prego Chas e José Mosquera Rey. Alí permaneceu máis de 20 anos. Despois puido saír de España e marchar a Bulgaria, falecendo en Sofía.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.