Guillermo Rojo
lingüista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
lingüista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Guillermo Rojo Sánchez, nado na Coruña o 29 de marzo de 1947, é un lingüista galego. Na súa mocidade formou parte do colectivo musical Voces Ceibes.
Nome orixinal | (es) Guillermo Rojo Sánchez |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 29 de marzo de 1947 (77 anos) A Coruña, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | lingüista |
Membro de | |
Premios | |
| |
Estudante de Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela, a súa etapa universitaria coincide coas mobilizacións estudantís compostelás de abril de 1968. Nese contexto, Guillermo Rojo participará no que será considerado o acto fundacional da Nova Canción Galega, o recital na Facultade de Medicina o 26 de abril de 1968. Diante dunhas 2000 persoas, e acompañado de Benedicto, Xavier, Xerardo Moscoso, e Vicente Araguas, Guillermo Rojo interpreta as cancións Quen tivera vinte anos, Tirade ao chan os fusiles, A vós irmáns e Señor, eu fun poeta. Deste xeito fica vencellado ao grupo que uns días despois conformará o colectivo Voces Ceibes, e participa tamén do seu concerto máis importante, o 1 de decembro do mesmo 1968 no cine Capitol de Compostela. Guillermo Rojo é un dos membros do colectivo que gravará un traballo discográfico coa casa barcelonesa Edigsa, un EP de catro temas baixo o nome de “Guillermo”. Malia isto, abandonará o colectivo xunto coa carreira musical no ano 1970.
Formado na escola de Emilio Alarcos, Guillermo Rojo é especialista en teoría sintáctica do español e experto en Lingüística Informática. Dende 1970 imparte clases na Universidade de Santiago de Compostela, sendo catedrático de Lingua Española na mesma dende 1981.
O 27 de xaneiro de 2000 é elixido para ocupar a cadeira (N) da Real Academia Española (RAE) como membro de número, substituíndo o escritor Torcuato Luca de Tena, finado en 1999. Tomou posesión o 7 de outubro de 2001 e o seu discurso de ingreso tratou sobre o lugar da sintaxe nas primeiras gramáticas da Academia.
É director académico do Banco de Datos do Español e tamén coordinador científico de Lingüística do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, dependente da Xunta de Galicia.
Ademais, dirixe proxectos da RAE dende 1995.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.