Gueral de Abaixo, Anfeoz, Cartelle

lugar da parroquia de Anfeoz, no concello de Cartelle From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Gueral de Abaixo é un lugar da parroquia de Anfeoz no concello ourensán de Cartelle na comarca da Terra de Celanova. Segundo o INE[1] e o IGE[2] en 2011 tiña 37 habitantes (20 homes e 17 mulleres), dous menos ca en 2010 (20 homes e 19 mulleres).

Datos rápidos Parroquia, Concello ...
Remove ads
Remove ads

Xeografía

Gueral de Abaixo está situada a carón do regueiro da Teixeira que rega os seus campos e permiten o cultivo de regadío nas súas veigas. Ademais da agricultura, a apicultura é unha actividade de grande arraigo na aldea, que na actualidade ten colmeas repartidas por distintas zonas. A aldea atópase en proceso de concentración parcelaria dentro da zona do Mundil.

O monte comunal do Outeiro Maior ten 45 hectáreas. Nel hai piñeiros do país e pequenas zonas de carballos. Alí viven xabaríns, corzos e lobos, ademais dunha gran variedade de especies de mamíferos e aves.

Remove ads

Mitoloxía

Segundo a lenda, no Outerio das Meigas, ao leste da aldea, realizábanse de noite conxuros de meigas, logo das cales quedaban no lugar cabelos loiros debaixo das pedras.

Festas

O 29 de xuño celébrase a festa de San Pedro, venerado na capela da aldea veciña de Gueral de Arriba, na parroquia do Mundil.

Lugares e parroquias

Lugares de Anfeoz

Lugares da parroquia de Anfeoz no concello de Cartelle (Ourense)

Gueral de Abaixo | Mirós | A Pena | Piñeira | Sabuz | Santa Baia de Anfeoz | Soutelo | A Teixeira | Vilar da Ponte

Parroquias de Cartelle

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Cartelle

Anfeoz (Santa Baia) | Cartelle (Santa María) | Couxil (Santa María) | Espiñoso (San Miguel) | As Marabillas (Nosa Sra. das Marabillas) | O Mundil (Santa María) | Penela (Santiago) | Sabucedo de Montes (San Pedro) | San Tomé (Santa María) | Sande (San Salvador) | As Seixadas (San Xoán) | Vilar de Vacas (Santa María)

Remove ads

Notas

Loading content...
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads