From Wikipedia, the free encyclopedia
A concentración parcelaria ou parcelaria é un procedemento administrativo da Xunta de Galicia polo cal a Consellería do Medio Rural busca a redución do número de parcelas e o seu agrupamento nunha determinada zona en concreto e limitado ao concello no que se realiza para aumentar a rendibilidade dos recursos agrarios e forestais. Este agrupamento de parcelas pasará a chamarse leiras, e supón a mellora e construción de máis accesos ás novas leiras.
Dende os anos 1980 en Galicia lévanse concentrado 416.504 hectáreas cun custo duns 1.200 millóns de euros.[1]
En España a concentración parcelaria iniciouse en 1952.[2]
En Galicia, dende o inicio das concentracións fixéronse máis de 700, cun total 350.000 hectáreas (superficie equivalente á cuarta parte da provincia de Pontevedra). En 2011 había en Galicia 170 procesos de concentración abertos cun custo de 200 millóns de euros para un total de 157.000 hectáreas e 120.000 propietarios en 89 concellos das catro provincias.[3]
No proceso de concentración parcelaria tense en conta o valor agrario do terreo (tipo de semente, uso forestal, gandeiro ou monte baixo) sen ter en conta a valoración urbanística do terreo ou a que terá nun novo PXOM. Este novo uso da terra non se tivo en conta na lexislación. As compensacións de valor fanse en superficie non en valoración económica. Esta eiva no procedemento vese moito máis claro no caso de propietarios de vivendas (que non son obxecto de concentración) e poderán acceder a terreos preto delas o que aumentará o valor da casa e as leiras.[4]
A concentración ten os seguintes pasos:[5]
A lei fixa en cinco anos de duración o prazo das concentracións pero non de xeito categórico. A parcelaria de Mandiá, Esmelle, Covas e Marmancón (en Ferrol) iniciouse en 1980 para xuntar 2.043 hectáreas con 22.957 parcelas propiedade de máis de 2.000 veciños e quedar en 5.003 leiras. 30 anos despois non estaba rematada.[6][7][8] O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso dos afectados pola concentración parcelaria culpándoos a eles do atraso e exculpando á Xunta de Galicia.[9]
En 1991 no concello de Frades a Peneda de Guntín tamén coñecida como Dolmen de Aiazo foi esnaquizado abrindo pistas. A concentración parcelaria é un procedemento que afecta de xeito moi evidente á paisaxe de Galicia. O minifundismo de Galicia é unha segmentación das propiedades que condicionou o xeito de vivir, a paisaxe e o patrimonio galego. A cuadriculación do rural das concentracións parcelarias son visibles en calquera foto aérea e están a cambiar a paisaxe moi rapidamente.[10]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.