dramaturgo e poeta chinés da dinastía Yuan From Wikipedia, the free encyclopedia
Guan Hanqing (chinés tradicional: 關漢卿; chinés simplificado: 关汉卿; pinyin: Guān Hànqīng; Wade-Giles: Kuan1 Han4-ch'ing1), nado cara ao 1241 e finado no 1320, foi un dramaturgo e poeta chinés da dinastía Yuan.[1][2] Está considerado un dos catro grandes dramaturgos de Yuan, xunto con Bai Renfu, Ma Zhiyuan e Zheng Guangzu.[3]
Nome orixinal | (zh) 關漢卿 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1241 Zhongdu, Dinastía Jin (en) |
Morte | 1320 Khanbaliq, Dinastía Yuan |
Lugar de sepultura | Q10893963 |
País de nacionalidade | Chinesa |
Grupo étnico | Han |
Actividade | |
Ocupación | Dramaturgo, poeta |
Período de actividade | Dinastía Yuan |
Xénero artístico | Sanqu 散曲 |
Lingua | Chinés |
Obra | |
Obras destacables
| |
Guan Hanqing foi un dos máis produtivos e creativos dramaturgos do norte da China. Descrito por Jia Zhongming como "o líder do Xardín das Pereiras" (liyuan lingxiu 梨園領袖), Guan estaba plenamente integrado na escena teatral do seu tempo, polo que era ben coñecido por actores e escritores.[4] Atribúenselle sesenta e oito obras, das cales só nos chegaron dezaoito, tres delas de maneira fragmentaria. Guan redactou os seus textos no vernáculo da súa época, principalmente. Sobre todo, foi recordado para a posteridade polos seus retratos optimistas dos oprimidos.[5]
Ademais de dramaturgo, foi un mestre do xénero poético sanqu 散曲. Conservamos cincuenta e sete das súas cancións (xiaoling 小令) e catorce suites (taoshu 套數).
Guan pasou gran parte dos seus derradeiros anos en Beijing e tamén en Hangzhou, no sur.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.