From Wikipedia, the free encyclopedia
O G4 ou Grupo dos catro é unha alianza entre a India, Alemaña, o Xapón e o Brasil, coa intención de dar apoio mutuo ás súas candidaturas a unha cadeira permanente do Consello de Seguridade das Nacións Unidas. A diferenza do G8 ou do G7, no que o denominador común dos membros é a súa economía e os seus obxectivos políticos a longo prazo, o principal obxectivo do G4 é acadar unha representación de tódalas rexións e de tódolos status económicos no Consello de Seguridade.
As Nacións Unidas teñen cinco membros permanentes con poder de veto no Consello de Seguridade: a República Popular da China, Francia, Rusia, os Estados Unidos e o Reino Unido. Outros estados son elixidos por un período de dous anos, e os catro membros do G4 son os estados que máis veces foron elixidos para representar aos seus grupos respectivos. A pesar de que a maioría dos Estados do mundo están de acordo cunha reestruturación das Nacións Unidas que inclúa unha expansión dos membros con poder de veto no Consello de Seguridade, non se discutiu o tempo nin o contido dunha proposta específica.
Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.