xénero de plantas From Wikipedia, the free encyclopedia
As groselleiras[2] son arbustos pertencentes ao xéneroRibes que conta con arredor de 150 especies de arbustos naturais das zonas temperadas do hemisferio norte; considérase normalmente o único xénero da familia Grossulariaceae (as grosulariáceas). Aprécianse polas súas bagas, consideradas froitos do bosque. Inclúe especies coma a groselleira negra, R. nigrum, vermella, R. rubrum e branca ou espiñenta, R. uva-crispa), así coma varias especies de ornamentais.
Máis información Groselleiras (xénero Ribes), Clasificación científica ...
En Galiza non son comúns as especies bravas, mais si aparecen como ornamentais en xardíns.
Existen varias especies semellantes en Europa, Asia e América do Norte que tamén producen bagas comestíbeis, aínda que se considera o seu sabor máis pobre. Entre elas atópase Ribes spicatum (norte de Europa e norte de Asia), R. schlechtendalii (nordés de Europa), R. multiflorum (sueste de Europa), R. petraeum (suroeste de Europa) e R. triste (América do Norte: dende Terra Nova a Alasca e cara ao sur en zonas montañosas).
Durán-Espinosa, C. 2001. Grossulariaceae. Fl. Veracruz 122: 1–15.
Flora of China Editorial Committee 2001. Fl. China Vol. 8.
Freire Fierro, A. 2004. Grossulariaceae. Fl. Ecuador 73: 41–66.
Luteyn, J. L. 1999. Páramos, a checklist of plant diversity, geographical distribution, and botanical literature. Mem. New York Bot. Gard. 84: viii–xv, 1–278.
Standley, P. C. & J. A. Steyermark 1946. Saxifragaceae. In Standley, P.C. & Steyermark, J.A. (Eds), Flora of Guatemala - Part IV. Fieldiana, Bot. 24(4): 416–423.