Gran Premio de Marrocos
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Premio de Marrocos (en árabe: المغربي سباق الجائزة الكبرى) foi un Gran Premio de automobilismo iniciado en 1925 en Casablanca, Marrocos coa denominación oficial de "Gran Premio de Casablanca".
Tipo | evento deportivo recorrente |
---|---|
Deporte | deportes de motor |
Organizador | Federación Internacional do Automóbil |
Localización e Datas | |
País | Marrocos |
Vixencia | 1925 – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Competición | |
Primeiro posto | Stirling Moss |
Historia
En 1930 a carreira celebrouse no novo Circuíto de Anfa Cobrouse a vida do piloto conde Bruno d'Harcourt durante unha sesión de práctica. Todos os gañadores, de automóbiles de turismo, eran francéses ou de Mónaco.
Non houbo carreira en 1933, nin entre os anos 1935 e 1953. Cando volveu en 1954, levouse a cabo nun circuíto para automóbiles deportivos na cidade de Agadir, e o dominio francés viuse interrompido por un piloto italiano, Giuseppe Farina.
Un novo deseño en Ain-Diab preto de Casablanca, foi preparado para o Gran Premio de Marrocos de 1957 de Fórmula Un unha carreira que, aínda que non contaba para o Campionato Mundial, atraeu aos mellores pilotos de clase mundial do momento.
Ao ano seguinte, a carreira foi declarada oficial e levouse a cabo o 19 de outubro de 1958. A carreira viuse lixada pola morte de Stuart Lewis-Evans (o segundo na carreira de 1957) que morreu nun hospital de Londres a causa das queimaduras, seis días logo de estrelarse no poeirento circuíto. O seu Vanwall gripou o motor (posiblemente por mor do po) e mandouno dando tombos ás barreiras a alta velocidade, prendendo o seu coche en chamas. Este foi o último Gran Premio organizado en Marrocos.
Gañadores do Gran Premio de Gran Marrocos
O fondo de cor rosa indica unha carreira que non forma parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un.
Ano | Piloto | Construtor | Categoría | Circuíto | Resultados |
---|---|---|---|---|---|
1958 | ![]() |
Vanwall | Fórmula 1 | Ain-Diab | Resultados |
1957 | ![]() |
Maserati | Fórmula 1 | Ain-Diab | Resultados |
1956 | ![]() |
Ferrari | Automóbiles deportivos | Agadir | Resultados |
1955 | ![]() |
Ferrari | Automóbiles deportivos | Agadir | Resultados |
1954 | ![]() |
Ferrari | Automóbiles deportivos | Agadir | Resultados |
1953 - 1935 |
Non celebrado | ||||
1934 | ![]() |
Alfa Romeo | Automóbiles de turismo | Anfa | Resultados |
1933 | Non celebrado | ||||
1932 | ![]() |
Bugatti | Automóbiles de turismo | Anfa | Resultados |
1931 | ![]() |
Bugatti | Automóbiles de turismo | Anfa | Resultados |
1930 | ![]() |
Amilcar | Automóbiles de turismo | Anfa | Resultados |
1929 | Non celebrado | ||||
1928 | ![]() |
Bugatti | Automóbiles de turismo | Casablanca | Resultados |
1927 | ![]() |
Georges Irat | Automóbiles de turismo | Casablanca | Resultados |
1926 | ![]() |
Bugatti | Automóbiles de turismo | Casablanca | Resultados |
1925 | ![]() |
Delage | Automóbil de turismo | Casablanca | Resultados |
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.